As nenas e nenos de 1º ciclo elaboraron este traballo sobre o seu concello.Diseñaron uns escudos persoalizados, repasaron os servizos que podemos atopar en Tomiño e realizaron unhas serie de propostas á súa alcaldesa.
jueves, 12 de mayo de 2011
O NOSO CONCELLO: TOMIÑO
As nenas e nenos de 1º ciclo elaboraron este traballo sobre o seu concello.Diseñaron uns escudos persoalizados, repasaron os servizos que podemos atopar en Tomiño e realizaron unhas serie de propostas á súa alcaldesa.
MAPAS E SINAIS
O alumnado de 1º ciclo estudia as parroquias do Concello de Tomiño e os sinais de tráfico que podemos atopar por esa zona.
miércoles, 11 de mayo de 2011
CORREOS
Os nenos e nenas de 1º escribímoslle unha carta aos compañeiros de 2º. Deixámolas no buzón do cole para que eles as recolleran. Tiñan un selo inventado por nós con debuxos de medios de transporte.
Fixemos un proxecto sobre as profesións "DE MAIOR QUERO SER...". Gustounos moito a de CARTEIRO/A e empezamos a investigar moitas cousas relacionadas con correos: os selos, o logotipo, o correo electrónico...

Estes son os selos persoais que fixeron os nenos e nenas do 1º ciclo.
martes, 10 de mayo de 2011
CARREIRA DE SAN TELMO
Bonita maña deportiva a que poidemos disfrutar en familia participando na animada carreira de San Telmo que se celebrou en Tui co motivo das festas.
Os peques do cole, maiores e papás non dubidaron en calzar as zapatillas e percorrer as rúas de Tui con tantas gañas e ilusión que ata se conseguiron varios trofeos.
!Pasámolo tan ben! que repetimos na popular e clásica carreira das agüiñas celebrada en Porriño na que algúns volveron a subir o podio.
Os peques do cole, maiores e papás non dubidaron en calzar as zapatillas e percorrer as rúas de Tui con tantas gañas e ilusión que ata se conseguiron varios trofeos.
!Pasámolo tan ben! que repetimos na popular e clásica carreira das agüiñas celebrada en Porriño na que algúns volveron a subir o podio.
!Noraboa a todos e todas!!
Non gardedes as zapatillas xa que aínda quedan por celebrarse a carreira de Gondomar o 28 de maio e a de Amorín o 5 de xuño.
O LIBRO VIAXEIRO DOS TRANSPORTES
No noso cole estamos a celebrar as Xornadas Culturais da Educación Vial e das Letras Galegas, e nestas datas poñemos en común moitas das actividades que facemos nas aulas.
En educación infantil elaboramos este Libro Viaxeiro coa colaboración de TODAS as familias, ás que agradecemos as súas aportacións. Botádelle unha ollada, porque hai historias realmente interesantes sobre os transportes de todos os tempos.
En educación infantil elaboramos este Libro Viaxeiro coa colaboración de TODAS as familias, ás que agradecemos as súas aportacións. Botádelle unha ollada, porque hai historias realmente interesantes sobre os transportes de todos os tempos.
lunes, 9 de mayo de 2011
LOOKING BACK AT GUIJO
LOOKING BACK AT GUIJO
View more presentations or Upload your own.
Remember the past simple tense with this work of the pupils of the sixth grade about the experience they lived in the Language Inmersion Camp at Guijo de Ávila. They used this presentation for told their experience in the camp to the pupils of the fifth year.
ALGO MÁIS SOBRE A SÚA VIDA...
Unha viaxe a través do tempo sobre a vida de LOIS PEREIRO:
Etiquetas:
Letras Galegas 11,
Normalización
RECURSOS SOBRE LOIS PEREIRO

Se pinchades na imaxe poderedes acceder a recursos e materiais imprimibles para traballar nas aulas ó autor homenaxeado este ano co gallo do Día das Letras Galegas: LOIS PEREIRO.
Ademáis atoparedes información sobre a importancia desta data ó longo da historia, actividades axeitadas a cada ciclo, biografía do autor, acceso ó seu blog...
Ademáis atoparedes información sobre a importancia desta data ó longo da historia, actividades axeitadas a cada ciclo, biografía do autor, acceso ó seu blog...
Etiquetas:
Letras Galegas 11,
Normalización
domingo, 8 de mayo de 2011
miércoles, 4 de mayo de 2011
SOMOS FINALISTAS NOS PREMIOS EDUBLOGS!

Onte déuse a coñecer a lista dos blogs finalistas do V PREMIO EDUBLOGS 2011 e o BLOG DO CEIP DE SOBRADA atópase entre eles! Foi seleccionado na categoría de mellores BLOGS DE CENTRO. Chegar ata aquí, despois da cantidade de blogs de colexios de toda España que optan a estos premios é todo un logro e un recoñecemento para toda a comunidade educativa. Familias, profesorado e, sobre todo, alumnado, est
amos de noraboa!
O blog non tería sentido sen as vosas visitas e comentarios, por iso, dende aquí queremos agradecelas unha vez máis e animarvos a que sigades estando informados de todas as actividades que se levan a cabo no cole a través desta bitácora e outras ás que tedes acceso dende aquí, coma o blog de Voz Natura, o blog da biblioteca do centro, ou a páxina web. Se pinchades na imaxe poderedes acceder á listaxe dos blogs dos finalistas por categorías e na a parte dereita do blog deixámosvos ademáis os enlaces aos outros nove blogs de centro de toda España que, coma nós, son finalistas.
Agora toca esperar ao día 15 de Maio, data na que se publicarán os tres blogs premiados de entre os 10 que fomos seleccionados.
amos de noraboa!O blog non tería sentido sen as vosas visitas e comentarios, por iso, dende aquí queremos agradecelas unha vez máis e animarvos a que sigades estando informados de todas as actividades que se levan a cabo no cole a través desta bitácora e outras ás que tedes acceso dende aquí, coma o blog de Voz Natura, o blog da biblioteca do centro, ou a páxina web. Se pinchades na imaxe poderedes acceder á listaxe dos blogs dos finalistas por categorías e na a parte dereita do blog deixámosvos ademáis os enlaces aos outros nove blogs de centro de toda España que, coma nós, son finalistas.
Agora toca esperar ao día 15 de Maio, data na que se publicarán os tres blogs premiados de entre os 10 que fomos seleccionados.
NORABOA A TODOS OS FINALISTAS!
NOVO BLOG DA BIBLIOTECA!
Xa está en marcha o novo BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP DE SOBRADA!!

Para tod@s os que vos gusta coñecer as novas que ocurren no Ceip de Sobrada, agora, ademáis do blog do cole e o de Voz Natura, tedes á vosa disposición unha nova bitácora onde se colgarán todas aquelas actividades relacionadas coa biblioteca do centro, así como recomendacións de libros e contos, conmemoracións, enlaces interesantes que visitar, etc.
Non vos perdades todas as actividades que se realizaron na biblioteca co gallo do Día do Libro!
Non vos perdades todas as actividades que se realizaron na biblioteca co gallo do Día do Libro!
Xa podedes visitalo pinchando na imaxe ou ben na que tedes na parte dereita do blog.
Etiquetas:
biblioteca,
Informacións
LOIS PEREIRO: AS ARMAS DA PAIXÓN
Achegándose o 17 de Maio, data na que a Real Academia da Lingua Galega homenaxea a LOIS PEREIRO, queremos facervos chegar dende aquí información sobre a vida e obra deste autor do Incio. (Tamén podedes visitar a páxina oficial de Lois Pereiro facendo clic na imaxe que tedes na parte dereita do blog)
Etiquetas:
Letras Galegas 11,
Normalización
LOIS PEREIRO: AUTOR HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011
Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996, foi un escritor e poeta galego. De familia procedente do Incio, estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresa a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.
Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Xa de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando no mantemento da revista Luzes de Galiza, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da novela Náufragos do Paraíso. En 1983 e 1987 viaxou por Europa e traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema.
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia. Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación do día das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e vasco, xunto cos textos orixinais en galego.
Etiquetas:
Letras Galegas 11,
Normalización
lunes, 2 de mayo de 2011
FLORES RECICLANDO
O alumnado de 1º ciclo realizou estas flores con material de refugallo como papeis de xornal ou botellas de plástico,co gallo do traballo de agricultura levado a cabo nas aulas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















