lunes, 16 de marzo de 2020

INDICACIÓNS DO 3º CICLO PARA O PERIODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA

Durante este periódo empregaráse a plataforma Edixgal, por
favor estade  pendentes dos  vosos correos, donde recibiredes instrucións sobre as tarefas a realizar.
E na medida do posible tratade de consultar a páxina web o  blogue nas que  poderedes atopar plataformas educativas interesantes para tódolos niveis.
Moito ánimo

INDICACIÓNS DO 2º CICLO PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA.

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA (alumnado de 3º e 4º) Indicacións de traballo escolar para o período de anulación de aulas presenciais con motivo das medidas de prevención para evitar a propagación do COVID-19.

 Ola familias!, as mestras e mestres queremos animar aos nenos e nenas a que, todos os días, manteñan as súas rutinas de sono, aseo persoal, alimentación e hábitos de estudo.  
Por este motivo, preparamos tarefas e buscamos enlaces que poden facilitarvos este período de “escolarización na casa”.  

A tarefa para realizar estes días, consiste en actividades de repaso, conceptos xa traballados nas aulas, para que sexa máis doado que traballen de xeito autónomo. 

QUE FAGAN TODOS OS DÍAS UN POUQUIÑO. SE HAI ALGO QUE NON COMPRENDAN, Á VOLTA TRABALLARÉMOLO TODOS XUNTOS.

O alumnado de 3º de E.P que asistíu ao colexio o venres 13 de marzo xa levou as tarefas. O alumnado de 4º tamén as ten.

Para realizar as fichas non é necesario imprimilas se non teñen os medios. No caso das actividades de Matemáticas, as nenas e os nenos poden copiar as operacións e problemas en algún folio ou folla e realizalos.
No caso das actividades de Lengua e Comprensión Lectora poden anotar únicamente a resposta, indicando a súa correspondencia co número de folla e número de exercicio.

3º DE PRIMARIA:

MATEMÁTICAS 2º CICLO 
MATEMÁTICAS 2º CICLO, fichas de las páginas: 9(ficha 5), 10(ficha 6), 11(ficha 7), 12(ficha 8), 33 (ficha10).

MEJORA DE LA LENGUA
MEJORA DE LA LENGUA 3º de PRIMARIA, fichas de las páginas: 8 (ficha1), 10(ficha3), 11 (ficha 1) y 16 (ficha 3).

COMPRENSIÓN LECTORA 
COMPRENSIÓN LECTORA 3º de PRIMARIA, fichas de las páginas: 40-41 (ficha CL1), 42-43 (ficha CL2) y 44-45 (ficha CL3).



4º DE PRIMARIA:

MATEMÁTICAS 2º CICLO 
MATEMÁTICAS 2º CICLO, realizarán os seguintes números de fichas:

* OPERACIONES: 6, 7, 15, 16, 17, 18, 19.

* PROBLEMAS: 1, 2, 3.

AS FICHAS DE LINGUA GALEGA CORRESPONDEN ÁS SEGUINTES IMAXES:
 OS COMENTARIOS DE LECTURAS SON OS DAS SEGUINTES IMAXES:

Lectura 1: escribir un conto.
Lectura 2




 
EDUCACIÓN FÍSICA
Na medida do posible é importante que vos manteñades activos, podedes apoveitar para saltar a comba, xogar co balón os que poidades e realizar algunhas das rutinas que facemos no cole antes de comenzar as sesións: rotacións, estiramentos, pequenas carreiras, elevación de xeonllos...
exercicios para quecer
exercicios para articulacións 
video move todo o corpo
Os de cuarto  tendes unha actividade pendente, se é posible mantela, para cando volvades que é a de xogaloita nestos días deixarei un vídeo para que vexades que actividades ides a facer.
Aqui tendes un enlace de xogos populares para que vaiades investigando e collendo ideas
xogos populares

Podes ver nestes vídeos como se xoga a algúns dos xogos tradicionais e poñelo en práctica
chapas, canicas
 

INDICACIÓNS DE 1º CICLO PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA

INDICACIÓNS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NA CASA

INDICACIÓNS A DÍA 21 DE MARZO DE 2020

Boas familias! Facémosvos de parte dunha mamá de Infantil outra proposta de actividade para levar mellor estes días:
UN DEBUXO PARA CADA COMPAÑEIRO/A
Cada neno/a de Infantil pode facer un debuxo para cada neno/a da súa aula ( Cada neno/a da aula de 3 lle fará un debuxo aos restantes 10 nenos/as da aula, polo tanto cada neno/a fará 10 debuxos; cada neno/a da aula de 4 fará 13 debuxos, un por cada neno/a restante que hai na súa aula; e cada neno/a da aula de 5 fará 15 debuxos) Cando voltemos ás aulas, ollaremos todos os debuxos e poderán levar un agasallo dos seus compañeiros/as para casa. 
É unha actividade voluntaria, como todas as que vos propoñemos e nos vindeiros días propoñerémosvos máis cousiñas para ter aos cativos entretidos nestes días de obrigada estacia na casa.
MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!

IDEAS  PARA  FACER  NA  CAS


RECOMENDACIÓNS ALUMNADO 3 ANOS

  
RECOMENDACIÓNS ALUMNADO DE 4 ANOS



RECOMENDACIÓNS ALUMNADO 5 ANOS

domingo, 15 de marzo de 2020

SOLIDARIEDADE DENDE AS EDITORIAIS.


Son bastantes as editoriais que están a aportar recursos educativos para axudar neste momento en que os nenos e nenas están na casa. Pouco a pouco iremos dándoas a coñecer.
Hoxe deixámosvos a do grupo S.M, que ofrece de xeito gratuíto acceso á súa plataforma con libros e xogos da súa aula virtual de aprendizaxe, M.A.R.S, durante o período de corentena.

Son recursos de distintas áreas que abranguen dende Educación Infantil ata Secundaria.

Deixámosvos o enlace desta interesante proposta:
M.A.R.S

E se visitamos museos dende casa?

 "A arte é un instrumento de instrucción masiva", esperta a imaxinación, agudiza o inxenio, remove a nosa sensibilidade e agudiza os sentidos.
Toda unha receita que vai sentar ben a toda a familia e en especial aos máis pequechos e pequechas. Aquí deixámosvos algúns enlaces e fermosas e suxerentes imaxes que convidan a colarse sen entrada:)
 

 

                                               LOUVRE-PARIGI (París)           
                                 BRITISH MUSEUM LONDON (Londres)

Son moitos máis, pouco a pouco iremos convidándovos. Non o perdades!

Unha interesante iniciativa educativa dende RTVE durante o peche preventivo dos centros educativos.

Dende este luns día 16 de marzo, nos medios dixitais do canal infantil CLAN (web, apps e televisións conectadas), estarán dispoñibles contidos audiovisuais para nenos e nenas dende os 4 aos 10 anos.
Esta iniciativa lévase a cabo de xeito coordinado, entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional a través  do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado)e coa colaboración desinteresada de editoriais educativas.

Os contidos estarán agrupados en tres canais:

EduClan 3 a 5 anos

EduClan 6 a 8 anos.

EduClan 9 a 10 anos.

As familias poderedes atopar vídeos sobre as principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lengua Castellana, Lóxica e Matemáticas, Educación Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnoloxías e Convivencia.

Para máis información deixámosvos o seguinte enlace:
EduClan unha ferramenta educativa.

CONSELLOS PSICOLÓXICOS PARA A CORENTENA

viernes, 13 de marzo de 2020

SAÍMOS OU NON SAÍMOS DA CASA?


INFORMACIÓN CORONAVIRUS PARA PEQUES

Sabedes a diferencia entre é ou e?

 O alumnado de quinto estamos estudando o acento diacrítico.
Se tedes algunha dúbida podedes ver os nosos Lapbook.
 Esperemos que vos guste tanto como a nos facelo!


Cales son os animais vertebrados na aula de 5º?

 Os alumnos e alumnas  de quinto,coa axuda das súas familias,  realizaron unhas maquetas de diferentes animais vertebrados.
Esperamos que vos guste!

domingo, 8 de marzo de 2020

A MULLER NA HISTORIA

Un día coma hoxe, queremos compartir con vós, esta excelente cantiga que "visibiliza a invisibilidade" á que a muller foi sometida nos distintos períodos da historia, sen deixar un momento de seguir adiante, de loitar polo que lle corresponde por dereito. Non somentes somos a metade...SOMOS TODO!

ELABORACIÓN DE DISFRACES NO 2º CICLO

Aproveitando o tempo dos talleres, o colexio é un fervedoiro de ideas.

Os nenos e nenas de 3º e 4º, empregámonos a fondo investigando como era a vestimenta de castrexos e romanos.
Cun pouquiño de información e unha pizca de imaxinación, tratamos de elaborar uns traxes que serviran para poñernos na pel dos habitantes dos castros e dos invasores romanos.

Xa víchedes no vídeo que tomamos moi en serio a nosa ambientación, aquí deixamos imaxes dos detalles dos traxes.
No taller de danza e nas clases de Educación Física, co axuda da profe Rosa e da profe Carmen, elaboramos a representación e coreografía tan coidadas que puidéchedes ver. Grazas pola vosa paciencia! 


CONTINUAMOS A INVESTIGAR SOBRE O NOSO PASADO.

Nos talleres de 3º e 4º, seguimos na procura de información sobre o pasado. Nos distintos talleres traballamos sobre: os fósiles, como era o xeito de escribir na antigüidade, as vidrieras, o renacemento, os coches nos anos 20 do S.XX...Madre mía, menuda viaxe no tempo que levamos dada!


ENTROIDO 2020

"AS PEGADAS DO PASADO", esta foi a temática das diversas comparsas deste entroido no noso centro. Viaxamos ó pasado cos trogloditas, romanos e castrexos e no presente poidemos ver a uns arqueólogos que con lupa en man non pasaron por alto ningunha pegada. Tamén gozamos dos rapeiros interesados en recuperar os nomes da terra coa axuda dos nosos maiores, toda unha tarefa etnográfica interxeracional.
A continuación, nos seguintes vídeos, poderás ver o desfile, as actuacións e... a uns visitantes moi especiais que trouxeron o entroido ás aulas. Foi toda unha sorpresa!

EDUCACIÓN INFANTIL




1º CICLO



2º CICLO



3º CICLO

XUIZO Ó MECO





VISITA ANPA