Despois do éxito de hoxe coas caras pintadas, este MECO non para de mandar, e ocurríuselle que mañá martes deberemos vir deste xeito:
lunes, 5 de febrero de 2018
domingo, 4 de febrero de 2018
ORDEN DO MECO
viernes, 26 de enero de 2018
HALLOWEEN POSTERS 1ºA
Traballo e exposición realiazada polo alumnado de 1ºA.
Etiquetas:
1º ciclo,
Curso 17-18,
Inglés
HALLOWEEN POSTERS 1ºB
Traballo e exposición realizada polo alumnado de 1º B.
Etiquetas:
1º ciclo,
Curso 17-18,
Inglés
TALLER DE IMAXE E SON
O alumnado de quinto e sexto aprenderon a facer gif animados e a modificar imaxes.
Etiquetas:
3º ciclo,
Curso 17-18,
Talleres
jueves, 21 de diciembre de 2017
EXPOSICIÓN DE INVERNO
Xa podedes visitar a exposición de inverno feita coa vosas aportacións, este curso a temática foi entorno a solidariedade e a paz.
Aqui vos deixamos unha mostra dos vosos traballos. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Saray 5º e Marcos 5º E.Bloguers
Aqui vos deixamos unha mostra dos vosos traballos. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Saray 5º e Marcos 5º E.Bloguers
viernes, 15 de diciembre de 2017
VISITA DA GARDA CIVIL
O pasado mes de novembro dous axentes da Garda Civil visitaron o noso centro para dar unha charla sobre o bullying o acoso escolar, tamén recibimos uns consellos e recomendacións para solucinalo no caso de que tivéramos este problema.
Video realizado por Sofía e Camila 6º E. Bloguers. Texto de Emilio e Laura 6º
Video realizado por Sofía e Camila 6º E. Bloguers. Texto de Emilio e Laura 6º
PLENO INFANTIL NO CONCELLO DE TOMIÑO
O pasado día vinte, toda a clase de quinto do colexio fumos a un pleno infantil no Concello de Tomiño. Conmemoramos o día dos dereitos dos nenos e nenas, que este ano tiña como temática o cambio climático na saúde dos nenos e nenas.
Realizado por Lara 5º e Olga 5º E. Bloguers.
Realizado por Lara 5º e Olga 5º E. Bloguers.
lunes, 4 de diciembre de 2017
ROBOTICA
Os nenos de sexto comenzamos a montar uns robots para despois programalos e darlles unhas sinxelas ordenes, gústanos tanto esta actividade que desexamos que nos toque axiña outra sesión de robótica e probar cousas novas.Aqui podedes ver que concentrados estamos no noso traballo.
Video Camila e Sofía 6º E.Bloguers. Colaboran co texto Óscar e Fabián 6º
sábado, 25 de noviembre de 2017
lunes, 20 de noviembre de 2017
ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS
O colexio de Sobrada estivo presente no zonal de campo a través que se celebrou o 18 de novembro nas instalacións de O Borralliño en Salceda de Caselas, todo un evento que logrou reunir a 600 escolares de diversas categorías, preparados para correr e contaxiarnos do seu entusiasmo.
En xeral todos os nenos quedaron sastifeitos coas súas carreiras. Os benxamíns cun circuito rapidísimo para velocistas onde destacaron varios corredores do cole; o circuito dos alevíns e infantís mais técnico favoreceu ós que reservaron forzas para as pendentes.
A continuación deixamos vídeos elaborados por agrudebam divididos por categorías.
miércoles, 15 de noviembre de 2017
jueves, 9 de noviembre de 2017
CAMPUS DEPORTIVO.TOMIÑO-CERVEIRA
Os concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira (Portugal) organizaran conxuntamente un campus deportivo que terá lugar nas dúas
fronteiras o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de novembro.
Nestes días haberá distintas modalidades
deportivas na que participarán nenos e nenas dos dous concellos.
Asimesmo, haberá algunha actividade que poidan realizar en
familia.
A programación consta do seguinte:
- Venres 24 de novembro
Cerimonia de apertura do eveento con dous partidos de fútbol,
amigable, entre dous equipos mixtos formados por adolescentes de Galiza e
Portugal. (16:30 horas) No pavillón municipal de Vila Nova
da Cerveira.
- Sábado 25 de novembro
Actividade de orientación en familia no parque Lazer Castelinho (Vila Nova da Cerveira) de 10:15 a 12:00 horas.
Atletismo/Exhibición de Calistenia na área deportiva Mosteiro (A partir de 6 anos). De 16:30 a 18:00 horas.
Tenis de Mesa no Pavillon de Sobrada (A partir de 10 anos). De 16:30 a 18:00 horas.
- Domingo 26 de novembro
Piscina en familia. Piscina Municipal de Vila Nova da Cerveira, ás 11:00 horas.
Pilates en familia. Pavillón de Goián, de 12:30-13:30 horas
DEPORTE ESCOLAR. cAMPO A TRAVÉS
Xa queda moi pouco para comenzar a nova campaña de Deporte Escolar curso 2017/18 co campo a través. Preparade as zapatillas que xa quedan poucos días, este ano iremos a correr o zonal a Salceda de Caselas.
Toda a información relativa a esta carreira:circuitos, distancias, horarios...poderedelo atopar neste enlace
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















