miércoles, 3 de febrero de 2016
martes, 2 de febrero de 2016
lunes, 1 de febrero de 2016
sábado, 30 de enero de 2016
CHEGOU O MECO AO COLEXIO!
Un ano máis, chega o ENTROIDO a Sobrada e, con él, o MECO! Estamos encantados coa súa chegada e, cada día da vindeira semana, ordearanos vir ao cole dun xeito determinado ou cun elemento determinado. De momento, para este luns, pídenos que veñamos cunha FLOR NA CABEZA. Non vos esquezades!!!
viernes, 18 de diciembre de 2015
VISITA PAPÁ NÖEL
Hoxe recibimos unha visita moi especial, a de Papá Nöel, antes de repartir os agasallos parou no cole a recoller as nosas cartas cargadas de moitos desexos e ilusión.
MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS
jueves, 17 de diciembre de 2015
EXPOSICIÓN DE INVERNO
Xa podedes visitar a
exposición de inverno 2015, que neste curso ten como temática o
respeto e coidado do Medio Ambiente. Contamos para a súa creación,
coa aportación das familias no deseño das creativas figuras e
ambientes.
MOITAS GRAZAS POLA
VOSA COLABORACIÓN
lunes, 14 de diciembre de 2015
POSTAIS 2015
lunes, 7 de diciembre de 2015
HALLOWEEN POSTERS
O alumnado de 1º amósannos os seus posters que elaboraron sobre a festividade de Halloween, en Galicia chamada Samahín.
Familiarizáronse co vocabulario moi rapidamente.
Familiarizáronse co vocabulario moi rapidamente.
Etiquetas:
1º ciclo,
Curso 15-16,
Inglés
jueves, 3 de diciembre de 2015
Saída a Vigo
O
alumnado de 1º e 2º de educación Primaria fixemos unha saída a Vigo,
o luns 30 de novembro. Asistimos a obra de
teatro “Lío en la granja” no auditorio Afundación, e
visitamos a exposición de arte “Tradición, cambio e innovación”
da fundación Abanca. Alí participamos no obradoiro “Historias
de un pincel que no sabía pintar.
Pasámolo moi ben!!!
CAMPO A TRAVÉS DE TUI
Aqui vos deixamos algúns vídeos publicados por AGRUDEBAM sobre a xornada de campo a través que se desenvolveu na Macoca- Tui. Disfrutadeos!!!
FOTOS
FOTOS
martes, 1 de diciembre de 2015
lunes, 23 de noviembre de 2015
Campo a través na Macoca
Pazos de Reis foi o lugar escollido nesta tempada para o inicio da campaña de deporte escolar co sempre tan agardado campo a través que consegue reunir a unha gran cantidade de colexios e asociacións deportivas da zona do Baixo Miño e de Vigo.
O gran ambiente deportivo presente, permitíu o disfrute dos nenos/as e do público. Esta actividade supón unha oportunidade máis para acceder ó deporte e descubrilo, lembrarvos que este foi o inicio na zona des destacados atletas, as internacionais Leticia Fernández e Uxía Pérez e os nosos exalumnos medallistas en campionatos de España e de Galicia; Roi Rodríguez, Iria Rodríguez e Eva Cid.
Noraboa a tódolos nenos e nenas do centro, que correron xenial, e moi especialmente ó equipo alevín masculino composto por Iker, Jorge, Fabián, Adrián e Hossuam que co esforzo conxunto acadarón o terceiro posto por equipos do podio, noraboa a Uxía Rodríguez (atl. Porriño) 3ª alevín feminina que parece que segue os pasos dos seus irmáns.
Etiquetas:
E.Fisica,
Ed. Física
sábado, 31 de octubre de 2015
THE ORIGINS OF HALLOWEEN
O alumnado de 5º cóntannos algo sobre as orixes de Halloween e a súa celebración nos Estados Unidos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















