lunes, 2 de junio de 2014

FROITA NA ESCOLA








Volve a froita ó noso cole!!
 Durante esta semana máis a que vén teremos froita no recreo gracias á actividade "Aliméntate Ben".

lunes, 19 de mayo de 2014

ACTIVIDADE DE BADMINTON


 
O cole de Sobrada ten unha boa canteira de deportistas, e que estos nenos e nenas dan o mellor en cada unha das competicións nas que participan.
O pasado 10 de maio asistimos a unha competición de bádminton a Ponteareas, logo de clasificarse entre os mellores xogadores da zona Baixo Miño. Desta vez o xogo foi por equipos, 5 xogadores enfrontanse a outros 5 xogadores doutro centro ou clube.
Entre todos conseguiron manter a emoción e a intensidade ata o último dos partidos no que se decidía  o pase a seguinte fase que desta vez escapouse por moi pouquiño.
Noraboa a todos e todas por ese meritorio terceiro posto.

jueves, 15 de mayo de 2014

FROITAS NA ESCOLA


Dentro do Plan Proxecta, chegou ó noso centro o programa solicitado de "Aliménta-T Ben " coa modalidade de "Froita na Escola".

martes, 13 de mayo de 2014

PENÉLOPE

Este é o derradeiro mes do noso PDI. Comezou no mes de outubro con ENFIANDO FIOS, da man dunha  muller que tamen nos falaba de "Penélope" e rematamos no mes de maio a través da poesía de mulleres que reivindicaron esta personaxe da mitoloxía, mostrándonos as suas visións en ENFIANDO CORES.
Xosé Díaz Castro, empapouse da Penélope Rosalía de Castro, da Galicia Penélope.
A Penélope de Xohana Torres é a da reivindicación, a da acción, amosa que Penélope non espera, ela é a dona do seu destino e pasa a acción.
A de Carmen Blanco, prosegue na súa incansable teima de vivir ... PORQUE ESTÁ VIVA E ACTUA!
A de Olga Novo é a da Igualdade. Cos mesmos dereitos O ÚNICO TECIDO QUE IMPORTA  É O DA LIBERDADE.
Que vos parece si facemos un pequeno percorrido?...Vos deixamos uns enlaces por si queredes  investigar un chisco


                                                                                      











O ÚNICO TECIDO QUE IMPORTA É O DA LIBERDADE

lunes, 12 de mayo de 2014

PENÉLOPE, O POEMA MÁIS EMBLEMÁTICO DO POEMARIO "NIMBOS" DE XOSÉ MARÍA CASTRO

Neste vídeo elaborado polo CEP MARCOS DA PORTELA, poderedes comprender mellor o poema "PENÉLOPE". Con música do grupo "Madredeus" e imaxes que describen a perfección as ideas dos distintos versos do autor.


martes, 29 de abril de 2014

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o vindeiro venres 2 de maio non será lectivo no noso centro, segundo acordo do Consello Escolar do 24 de setembro de 2013 e resolución favorable da Xefatura Territorial do 29 de outubro de 2013.

domingo, 27 de abril de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Xa non queda nada para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano.
Aquí vos deixamos algúns recursos sobre o autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro. 
Non vos esquezades de que hai uns enlaces con máis recursos na columna da dereita, arriba.



miércoles, 9 de abril de 2014

ADMISIÓN ALUMNADO 2014-2015

Lista provisional de alumnado admitido no CEIP de Sobrada para o curso escolar 2014-2015. 























miércoles, 2 de abril de 2014

XORNADAS CULTURAIS





XORNADAS CULTURAIS from ceip sobrada on Vimeo.

 As Xornadas Culturais celebráronse no mes de Marzo porque o 8 deste mes é o Día da Muller.

Este video recolle algunhas das actividades nas que participamos os nenos e as nenas do colexio  destacando e valorando unha vez máis a importancia da Igualdade entre Xéneros.

Esperamos que vos guste!

lunes, 31 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

ENTROIDO MMXIV from ceip sobrada on Vimeo.

Aquí un pequeno resumo en imaxes do que deu de sí o noso desfile de Entroido.

miércoles, 26 de marzo de 2014

PEQUECHEFS: CREMA DE CABAZA!

Aquí vos deixamos a primeira receita feita polos nenos e nenas de Infantil no TALLER DE COCIÑA "PEQUECHEFS": unha saborosísima CREMA DE CABAZA!! Despois da laboriosa preparación deste prato, chegou o que máis nos gusta: a degustación!! Ollade que ben o pasamos no taller!
VIDEO CREMA CABAZA from ceip sobrada on Vimeo.

sábado, 1 de marzo de 2014

ORDE DO MECO DO MÉRCORES 26 E XOVES 27:

Estas foron as ordes do/a noso/a Meco/a para os pasados mércores e xoves desta semana. O mércores tivemos que vir cun MANDIL DECORADO e o xoves disfrazados do que cadaquén quixera, con CALQUERA DISFRAZ. Foi unha semana marabillosa! Pasámolo pipa! En breve mostrarémosvos as fotos do FESTIVAL que celebramos o venres!
 Viva o ENTROIDO! 

 ORDE DO MECO PARA O PASADO XOVES 27:

lunes, 24 de febrero de 2014

ORDE DO MECO PARA O MARTES DÍA 25:

Este é o cartel que nos deixou o/a Meco/a no día de hoxe coa orde para mañá martes. Non esquezades vir ao colexio cunha HÉLICE NA CABEZA!! 

ORDE DO MECO PARA O LUNS DÍA 24:

Xa chegou o/a MECO/A ao noso cole! Estamos encantados de telo de novo en Sobrada e, como podedes comprobar, está guapísimo/a!!! Por suposto, xa ordenou traer algo para este luns: UN BIGOTE NOS MORROS!!! 


PREPARADOS PARA FESTEXAR ESTA SEMANA DE ENTROIDO?