jueves, 22 de diciembre de 2022
VISITA DE PAPÁ NOEL
Neste último día antes das vacacións de Nadal recibimos unha das visitas mais agardas do ano: Papá Noel e os seus Elfos que fixeron un oco na súa axustada axenda para recoller todas as nosas cartas e falarnos un pouco do seu traballo nestas datas.
miércoles, 21 de diciembre de 2022
PLAN DIRECTOR DE CENTRO 2022
Hoxe tivemos a visita da Garda Civil de Tomiño que nos veu a falar sobre os riscos da navegación pola rede e aconsellarnos sobre como facer un uso seguro de Internet.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director de Centro.
Estas charlas foron dirixidas ó alumnado de 5º e 6º de primaria, e proximamente serán ofertadas ás familias deste alumnado.
Encantados quedamos coa exposición que nos fixeron.
lunes, 19 de diciembre de 2022
EXPOSICIÓN DE INVERNO
Xa podemos contemplar os estupendos traballos que fixechedes nas vosas casas para a Exposición de Inverno.Se podedes, non hai nada como velas no cole, aquí vos deixamos esta mostra.
Moitas grazas e parabéns pola vosa participación.
Felices Festas!!domingo, 27 de noviembre de 2022
SEMANA DO BO TRATO E A DIVERSIDADE 25N AO 2D.
Ninguén debería ter que cruzar unha porta así e por iso, ao longo da semana nas titorías iremos transformando todos estos mensaxes negativos noutros positivos para conseguir que calquera esté desexando abrir esta porta que nos leva a un mundo mellor.
Iremos amosando este proceso de transformación e animándovos a que fagades o mesmo coas portas que vos atopedes nas vosas vidas.
jueves, 24 de noviembre de 2022
RADIOEMOCIÓNATE
Xa temos no soso centro a exposición sobre a radio da iniciativa RADIOEMOCIÓNATE.
Actividade organizada pola Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia, celebrado o 90 aniversario da primeira emisión de radio en Galicia.
E mañá venres 25, grabaremos un programa de radio da emisora Si Radio na que contaremos con invitados especiais. Poderémolo escoitar próximamente.
martes, 15 de noviembre de 2022
OBRADOIRO IGUALDADE E BO TRATO
O obradoiro " Conecta co bo trato" ten como obxectivos analizar e comprender os estereotipos e roles machistas, interiorizar a práctica do bo trato como ferramenta contra a violencia de xénero e o fomento da igualdade de oportunidades entre nenos e nenas e analizar de forma crítica as representacións culturais de xénero e coñecer alternativas coeducativas.
ESPECTÁCULO TEATRAL EN VIGO
Nesta semana o alumnado de 1º ciclo asistíu ao espéctaculo teatral "la aventura de no aburrirse" da compañia L'Estaquirot no Centro Afundación de Vigo.
A obra invítanos a reflexionar sobre a xestion do tempo de lecer e a cantidade de xogos e xoguetes que temos en casa e cos que tamén nos aburrimos. Foi un espectaculo divertido, cheo de creatividade, color e cunha mensaxe moi actual.
lunes, 14 de noviembre de 2022
MAGOSTO
Un tempo cálido e solleiro acompañou a Festa do Magosto que celebramos o pasado 11 de novembro, día de San Martiño. É tempo de asar castañas e en Sobrada sumámonos a esta tradición acompañando a desgustación das castañas con música e xogos, que ben o pasamos!!
Agradecemos a tódalas familias e a Anpa do cole que coa súa colaboración fixeron posible, unha vez mais, o disfrute desta festa. Graciñas
viernes, 28 de octubre de 2022
CELEBRAMOS O SAMAÍN NAS AULAS.
A choiva e a oscuridade da mañá foron o escenario perfecto para o desfile de meigas, mortos andantes, pantasmas, vampiros...grandes, pequenos e medianos. Que medooo!!!!. Comeza o aninovo celta, estamos no Samaín, e moitos celebramos esta data acudindo ó colexio disfrazados de diversos personaxes tenebrosos.🧛🧛🧛🧛🧛🧛🧛🧛🧛🧛
PROMOCION DEPORTIVA
jueves, 30 de junio de 2022
RECOMPILATORIO DE ACTIVIDADES REALIZADAS AO LONGO DO CURSO
FESTA DA AUGA
Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos todas e todos na Festa da Auga de fin de curso.
miércoles, 29 de junio de 2022
XORNADA DE CONVIVENCIA ANPA
Tamén puidemos disfrutar dunha exhibición da actividade de Lingua de Signos.
Let Your Computer Works For You : https://bit.ly/money_crypto
XORNADA DE CONVIVENCIA ANPA
Aquí podedes ver unha mostra da exhibición da actividade de patinaxe que fixeron no colexio.
martes, 28 de junio de 2022
SESIÓN DJ EN SOBRADA
FLASHMOB NO ÚLTIMO DÍA DE CLASE
Neste curso fixémonos uns expertos en compartir bailes pero preparados cada un pola súa conta. O resultado ó xuntarnos é moi divertido e máis no último día de clase con tantas emocións, é unha boa despedida.👌
XOGOS POPULARES 2022
No último día do curso un ano máis o alumnado de sexto foi o encargado de organizar e de ensinar os xogos ós máis pequenos. Que ben o fixeron! xa que pasámolo a lo grande. Grazas pola vosa paciencia.
ATLETISMO EN PAVILLÓN
O xoves 16 de xuño o alumnado de 3º e 4º curso celebramos actividade de atletismo en pavillón por equipos. Contamos coa axuda dos compañeiros de 5º que colaboraron como xuices e axudantes de pista.
As probas foron: 100m, multisaltos 30 en segundos, lanzamentos de vortex e balón, salto de lonxitude e carreiras de relevos.
A xornada transcurreu cun gran espititu deportivo e entusiasmo.
TURONIA 2022
Despois dun parón de dous anos regresou o Turonia, tan ben acollido coma sempre. Mantiveronse todas as actividades salvo a da acampada pola noite por protocolos covid.
Durante dous intensos días os alumnos de 6º dos colexios de Barrantes, Caselles e Sobrada non paramos de percorrer os camiños de Tomiño a pé e en bicicleta.
O segundo día tocoulle o turno as bicicletas para cubrir unha ruta dende Ceip de Barrantes ata o embarcadoiro de Goián onde gozamos da experiencia de montar en piragüa grazas a axuda do club deportivo os Teixugos.
Esta mega actividade non poderia realizarse sen a axuda económica e persoal de moitas persoas e entidades; agradecemos a ANPA de Sobrada que aportou a merenda dos dous días, as Comunidades de Montes pola súa aportación económica para a compra das camisetas ao concello de Tomiño, persoal de protección civil, ciclistas axudantes a María polo deseño das camisetas, profesores, pais e nais e tódalas persoas que fixeron posible un ano máis manter esta actividade única.
Ata o vindeiro ano!
lunes, 2 de mayo de 2022
ACTIVIDADE DE PIRAGÜISMO 6º.
lunes, 4 de abril de 2022
DEPORTE ESCOLAR. ATLETISMO EN PISTA.
.jpg)
martes, 8 de marzo de 2022
8 DE MARZO DÍA DA MULLER
Hoxe conmemoramos O DÍA DA MULLER coa confección por parte de todo o alumnado duns marcapáxinas alusivos a Mulleres que fixeron historia relacionadas co Proxecto Documental Integrado do centro: A Auga. Mulleres como Tamara Echegoyen (regatista), Teresa Portela (piragüista), ou Anxeles Alvariño (científica e bióloga mariña) entre outras.
lunes, 7 de marzo de 2022
DESFILE DE ENTROIDO
O pasado venres 4 de marzo o espirito do Entroido invadiu tódolos rincóns do cole de Sobrada, xa estaba todo listo! traxes, perrucas, pinturas. .. e moitas emocións, comenzaba o día máis esperado, este ano con máis precaución celebrámolo por todo o alto. Desfilamos moi animados pola musica de Suso o gaiteiro papá dun alumno e polos aplausos das familias que non pararon de alavar os nosos disfraces. Este ano quixemos facer unha homenaxe a un dos recursos mais prezados que nos regala a natureza: A AUGA!
DESFILE E ACTUACIÓNS COMPARSAS.
E INFANTIL: Os mergulladores de infantil dispostos a facernos descubrir os grandes tesouros que se agochan baixo o mar.
MIRADE, MIRADE...
1º CICLO: Dende o fondo do mar, chegan contentos os peixiños que non paran de nadar. Mergullate con moito ritmo.
2º CICLO: As Pipis e os PiPis persoas aventureiras, valentes, imaxinativas, exploradoras e comprometidas.
3º CICLO: O Entroido é mais ca un sentimento e o terceiro ciclo o sabe!.
Aqui veñen os muiñeiros e muiñeiras da Faia, Puntillón, Carboral...poucos aproveitan tan ben a auga como fonte de enerxia.
Este ano coas restricións sanitarias non fixemos a merendola de entroido no patio. A Anpa do cole quixo manter esta tradición e adaptouse as novas circunstancias e levounos polas clases postres típicos de entroido, riquisimos!, moitas grazas pola vosa axuda😌
Nos vindeiros días continuaremos publicando imáxes e vídeos do desfile.
miércoles, 23 de febrero de 2022
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe 23 de abril non quixemos pasar por alto esta data tan significativa, xa que se cumpre o 185 aniversario do nacemento da escritora máis representativa de Galicia pola súa defensa da lingua galega.
Para fomentar o coñecemento e agarimo por Rosalía, entre outras actividades todos os nenos e nenas chegamos esta mañá ó cole cunha careta de Rosalía, ademais decoramos os corredores do colexio con murais de Rosalía e escribimos poemas, frases e palabras que mais nos lembran a esta gran poetisa.
martes, 22 de febrero de 2022
lunes, 21 de febrero de 2022
domingo, 20 de febrero de 2022
ORDE DO MECO PARA O LÚNS
Estreamos Meco!!! o Entroido ábrese paso en Sobrada, esta semana é un anticipo do que aveciña... xa nos estamos preparando!!, prestade atención as ordes do Meco se o queredes ter contento.
Para este lúns o Meco ordea vir deste xeito:
miércoles, 2 de febrero de 2022
CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ
Ademáis ocurríusenos bailar unha canción que nos fala de valorar o que temos, ser felices, agradecer, aceptar consellos...moitos valores moi importantes que non debemos esquecer para manter a paz tódolos días.
A canción é "Madre Tierra" de Chayanne que fomos aprendendo e gravando aos poucos para despois o día 31 xuntarnos todos no patio. Este foi o resultado...
Versión MADRE TIERRA todo o alumnado no patio do centro.