miércoles, 28 de noviembre de 2018
lunes, 26 de noviembre de 2018
FRUTOS DO OUTONO 5 ANOS
NA AULA DE 5 ANOS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE SENTIDOS COS FRUTOS DO OUTONO: TOCÁMOLOS, OLÉMOLOS, SABOREÁMOLOS, VÍMOLOS, NOMEÁMOLOS E FIXEMOS UN XOGO DE ADIVIÑAR. EN DEFINITIVA, PASÁMOLO XENIAL. GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
PINTAMOS AS UÑAS
GRACIAS A MAMÁ DE NAIRA E DE CARLA DA SILVA OS NENOS DE 5 ANOS PINTAMOS AS UÑAS E PASAMOS UNHA XORNADA MOI DIVETIDA, DENDE AQUÍ MOITAS GRACIAS.
jueves, 22 de noviembre de 2018
MAGOSTO
O pasado martes 13 de novembro, celebramos a tradicional festa do Magosto. Aproveitamos o bo clima do día para realizar roteiros preto do centro, a volta degustamos as riquisimas castañas recen asadas. Xuntámonos grandes e pequenos, compartimos momentos e gozamos de diversos xogos tradicionais. Pasámolo xenial!!
lunes, 19 de noviembre de 2018
APLAZADO CAMPO A TRAVÉS DO ROSAL
Informamos de que o cross escolar que estaba anunciado para o día 24 de novembro, queda aprazado en previsión da mala climatoloxía que se espera para este día. Comunicaremos a través do alumnado a nova data na que se celebrará este cross.
O vindeiro sábado celebraremos outra proba de cross desta vez participarán as categorías benxamíns nenos nados no ano 2010 ata a categoría cadete nenos/as nados no ano 2005. Será en Tabagón a ubicación do circuito poderedela atopar na seguinte direción web de agrudebam
CAMPO A TRAVÉS DE GUILLAREI
O pasado 16 de novembro participamos na primeira edición de campo a través por equipos nos niveis de 2º e 3º de primaria.
Guillarei foi o escenario que acolleu ós escolares de Tomiño, Tui e Salceda.
Pola implicación dos nenos e nenas do cole a experiencia foi moi positiva; todos correron con gañas para axudar co seu posto a súa clase e chegaron moi ben situados!. Pronto poderemos consultar as clasificacións finais na páxina web agrudebam.
VIDEO (agrudebam) FOTOS ( agrudebam)
sábado, 17 de noviembre de 2018
A ANPA PINTA O MURO DO COLEXIO
viernes, 9 de noviembre de 2018
10 de novembro: DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO.
As Nacións Unidas designaron este día, para promover que os cidadáns e as cidadás estén informados sobre os avances
científicos, creando sociedades máis sostibles, ao tempo que favorece a comprensión sobre a fraxilidade do planeta no que vivimos.
A ciencia, un dereito humano.
A celebración neste ano 2018 conmemora o 70º aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en concreto, o dereito á ciencia, como se recolle no artigo 27 da declaración, así como a Recomendación sobre a Ciencia e os Investigadores Científicos. Recoñecer que todo o mundo ten dereito a participar da ciencia e a beneficiarse dela servirá para que se inicie un debate sobre os xeitos de mellorar o acceso á ciencia e as súas ventaxas para o desenvolvemento sostible do planeta.
OS NENOS E NENAS E A CIENCIA.
Eles e elas son o noso futuro e, ao mesmo tempo, a poboación máis vulnerable e que require dunha constante atención na súa formación. Que contentos estamos de que gocen da e coa ciencia.
Para saber máis deste día
A ciencia, un dereito humano.
A celebración neste ano 2018 conmemora o 70º aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en concreto, o dereito á ciencia, como se recolle no artigo 27 da declaración, así como a Recomendación sobre a Ciencia e os Investigadores Científicos. Recoñecer que todo o mundo ten dereito a participar da ciencia e a beneficiarse dela servirá para que se inicie un debate sobre os xeitos de mellorar o acceso á ciencia e as súas ventaxas para o desenvolvemento sostible do planeta.
OS NENOS E NENAS E A CIENCIA.
Eles e elas son o noso futuro e, ao mesmo tempo, a poboación máis vulnerable e que require dunha constante atención na súa formación. Que contentos estamos de que gocen da e coa ciencia.
Para saber máis deste día

Etiquetas:
efemérides.,
Semana STEM
jueves, 8 de noviembre de 2018
CAMPAMENTO STEM: VIVA A CIENCIA
No colexio estamos moi felices porque os nosos "pequenos-grandes do cole"...OS NENOS E NENAS DE 6º! Están en Santiago de Compostela nun campamento de CIENCIA E TECNOLOXÍA. Está a ser unha grande experiencia para eles e, cando regresen, para nós. Poderán amosarnos todos os coñecementos e habilidades que están a adquirir. UNHA PASADA!
Onte unha das nenas, Natalia, escribíunos unha mensaxe moi fermosa, na que explica con grande emoción o que están a facer. Moitas grazas!
"El Lunes aprendimos
que era la terraformación e hicimos un microscopio y una casa
espacial de botellas y piezas 3D.
El martes diseñamos
piezas 3D para un cohete que lanzaremos el viernes y nos darán
insignias. Por la tarde hicimos un traje espacial.
Hoy miércoles
hicimos electrónica, circuitos eléctricos con plastilina conductiva
hecha por nosotros y la que se compra. También soldamos.
Ahora por la tarde
vamos de excursión a un museo, aunque yo soy la segunda porque hay
unos grupos que se llaman Valentina Tereshkova y Cecilia Payne que
van primeros y después vamos Hipatia y Mae Jamison.
Nos lo estamos
pasando genial.
CHAO SALUDOS DE
TODOS SE DESPIDE NATALIA. "
TERRAFORMACIÓN
DESEÑO E IMPRESIÓN EN 3D
SOLDADURA
MUSEO
Etiquetas:
3º ciclo,
Curso 18-19,
Semana STEM
lunes, 5 de noviembre de 2018
CABAZAS DE SAMAÍN
NA AULA DE 5 ANOS DE INFANTIL FIXEMOS UNHAS CABAZAS POR EQUIPOS DE MORCEGO. MIRADE QUE CHULAS QUEDARON.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)