Nos enlaces, poderás ver dous videos resumen sobre o campo a través de A Guarda celebrado o pasado día 26 de novembro, así como a interesante exhibición de canicross organizada o rematar as carreiras.
martes, 29 de noviembre de 2016
jueves, 24 de noviembre de 2016
COMEDOR ESCOLAR
Sabedes que no noso cole xa temos comedor? Que vos podedes anotar e quedar a comer cos vosos compañeiros/as? Que temos a folla do menú mensual na corcheira da entrada para saber o que nos toca cada día?
Así que, xa sabedes, se algún día a papá ou a mamá lles xurde calquera imprevisto, podedes quedar a comer na escola.
Se vos interesa decídesllo ós vosos pais ou nais e collede o impreso na Dirección do Centro ou falade con calquera membro da Xunta Directiva da nosa ANPA.
Así que, xa sabedes, se algún día a papá ou a mamá lles xurde calquera imprevisto, podedes quedar a comer na escola.
Se vos interesa decídesllo ós vosos pais ou nais e collede o impreso na Dirección do Centro ou falade con calquera membro da Xunta Directiva da nosa ANPA.
Etiquetas:
Comedor,
Curso 16-17,
Informacións
EQUIPO DE MEDIADORES
Xa temos equipo de mediación na nosa escola!
Que non sabedes o que é a mediación?
Pois é un proceso de xestión de conflitos, no cal os/as nenos/as enfrontados/as reunímonos en presenza do/a mediador/a e mediante o diálogo buscamos saídas ó problema conxuntamente.
A mediación ten que ser:
- Voluntaria ( imos voluntariamente xunto ós mediadores).
- Confidencial ( todo o que digamos vai ser tratado entre os mediadores e as partes en conflito).
- As decisións e os acordos son tomados libre e responsablemente polos nenos/as en conflito.
Etiquetas:
Curso 16-17,
orientación
domingo, 20 de noviembre de 2016
CAMPO A TRAVÉS DE A GUARDA

O 26 de novembro temos unha cita co atletismo no primeiro cross desta tempada, que se organizará no Concello de A Guarda
nas instalacións do Camping Santa Tecla. Este cross forma parte do
programa XOGADE e poderán participar dende a categoría benxamín ata a
cadete.
Infórmate aqui de como chegar, horarios e circuitos
Infórmate aqui de como chegar, horarios e circuitos
Durante a mañá poderemos disfrutar dunha exhibición de modalidades de correr menos coñecidas acompañandose dun can: o canicross, bikejoring, patín e triciclo.
lunes, 14 de noviembre de 2016
LIGA VOLEIBOL
domingo, 6 de noviembre de 2016
HALLOWEEN QUIZ
O alumnado de 2º póñennos a proba cun cuestionario sobre persoaxes de Halloween.
Parabéns polo resultado por facelo en tempo récord.
Etiquetas:
1º ciclo,
Curso 16-17,
Inglés
HALLOWEEN RECIPES
HALLOWEEN RECIPES on PhotoPeach
O alumnado de 6º elaborou unhas receitas basadas na festividade de Halloween. Coordináronse perfectamente para elaboralas en menos de 40 minutos. Parabéns!
O alumnado de 6º elaborou unhas receitas basadas na festividade de Halloween. Coordináronse perfectamente para elaboralas en menos de 40 minutos. Parabéns!
Etiquetas:
3º ciclo,
Curso 16-17,
Inglés
THE ORIGINS OF HALLOWEEN
O alumnado de 5º cóntannos un pouco sobre a festividade de Halloween en Estados Unidos e as orixes desta festa. Parabéns polo resultado porque o fixeron en tempo récord.
Etiquetas:
3º ciclo,
Curso 16-17,
Inglés
viernes, 4 de noviembre de 2016
CALENDARIO ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR
Reunida a xunta electoral que vai regular o proceso de elección de candidatos/as ó Consello Escolar do CEIP de Sobrada, acorda propor o seguinte calendario.
Etiquetas:
Curso 16-17,
Informacións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)