Aquí vos deixamos uns enlaces en onde podedes atopar guías de navegación para alumnado, profesorado e familias, ademais de outra páxina en onde podemos aprender xogando.
domingo, 29 de mayo de 2016
NAVEGA CON RUMBO
O pasado mércores tivemos unha charla do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia na que alumnado e profesorado de 5º e 6º de primaria, puidemos aprender algo máis dos riscos que pode supoñer o navegar por Internet e que é o que debemos ter en conta para unha navegación segura.
Aquí vos deixamos uns enlaces en onde podedes atopar guías de navegación para alumnado, profesorado e familias, ademais de outra páxina en onde podemos aprender xogando.
Aquí vos deixamos uns enlaces en onde podedes atopar guías de navegación para alumnado, profesorado e familias, ademais de outra páxina en onde podemos aprender xogando.
Etiquetas:
3º ciclo,
Curso 15-16,
Informacións
viernes, 20 de mayo de 2016
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
O auditorio de Goián acolleu hoxe o Festival das Letras Galegas do noso centro, homenaxe adicada ó escritor MANUEL MARIA que cunha gran variedade de actuacións poidemos gozar da creatividade do alumnado en poesía, teatro, baile...e empaparnos deste fermoso idioma, o resultado foi fantástico.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actuacións, nos vindeiros días iremos subindo vídeos.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actuacións, nos vindeiros días iremos subindo vídeos.
Etiquetas:
Festival Letras Galegas 2016
miércoles, 18 de mayo de 2016
XIX FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016
Gustaríanos contar coa súa presenza nas actuacións preparadas polo alumnado, que terán lugar o vindeiro
venres 20 de maio a partires das 10:30h no auditorio de Goián.
PROGRAMA
- "O fantástico Curuxo" Teatro- Ed. Infantil
- "Mother Nature". Vídeo-Clip-6º curso.
- "A árbore das follas Din A4". Teatro 1º e 2º cursos.
- Vídeo obradoiros. 6ºcurso.
- "Desta terra". Dous poemas e unha cantiga- 3º e 4º cursos.
- Vídeo obradoiros- 6º curso.
- Canción " A Terra Cha", danza "Mallo de roda" e rap- 5º e 6º cursos.
- Vídeo resumo do curso.
- Recitado conxunto dun poema. Despedida e peche (arredor das 12:40h)

Etiquetas:
Festival Letras Galegas 2016
viernes, 13 de mayo de 2016
OBRADOIRO DE CESTERÍA
Hoxe os nenos de infantil, 1º e 2º fomos a un obradoiro de cestería. Xaquín ensinounos o material co que se construen os cestos: palla de centeo e bimbios.
Nós axudámoslle a contar as pallas e a sacarlle as follas.
Gustounos moito!!!
jueves, 12 de mayo de 2016
INFORMACIÓN DIA NON LECTIVO
Lembramos que o vindeiro día 16 de maio de 2016 non será lectivo segundo acordo do Consello Escolar do 22 de setembro de 2015 e resolución favorable da Xefatura Territorial 17 de novembro de 2015.
miércoles, 11 de mayo de 2016
Saída ao monte
O venres 18 de marzo os nenos e nenas de 3º e 4º fixemos un roteiro polo monte que hai detrás do colexio . Acompañounos Alberto Romero, un bo coñecedor da flora e da fauna tipicas da zona, e explicounos moitas curiosidades sobre as plantas : usos medicinais, forma de inxertar unha maceira e unha vide...Tamén nos contou un conto no que falaba da forma de pasalo ben os nenos en tempos dos nosos avós. Foi unha saída na que o pasamos moi ben e aprendemos moitas cousas.
Deixámosvos un vídeo como mostra
Deixámosvos un vídeo como mostra
martes, 10 de mayo de 2016
AS CORES DO RÍO MIÑO
Os alumnos de 3º e 4º , no primeiro trimestre deste curso,realizamos un taller sobre os ríos de Galicia.
Pasámolo moi ben distinguindo as cores frías das cálidas. Queredes ver unhas imaxes sobre os ríos e o ben que o pasamos?
Aqui vos deixamos este video sobre os ríos.
SAÍDA A VIGO
Os alumnos de 3º e 4º, no primeiro trimestre deste curso, fixemos unha saída a Vigo. Asistimos , no teatro , á representación da obra teatral "Nana para un soldado".Pasámolo ben porque tiña momentos moi cómicos...
Ao terminar fomos ao Parque de Castrelos: foi moi divertido xogar con todos os nosos compañeiros! Que ben o pasamos!!!
Aquí vos deixamos unhas fotos para que as vexades.
CHARLA DOS NENOS E NENAS DE 5º AOS DE 3º
O curso pasado os alumnos de 5º B déronnos unha charla sobre as formas de vida na Prehistoria.
Foi moi interesante porque na zona hai moitos restos arqueolóxicos e deste xeito podemos coñecer como foi o noso pasado.
Aprendemos cousas que non sabiamos e preguntámoslles as dúbidas que tiñamos.
Pasámolo moi ben e quedámonos con ganas de saber máis dos nosos antepasados !!!
lunes, 9 de mayo de 2016
jueves, 5 de mayo de 2016
DINAMIZACIÓNS DEPORTIVAS
Estas foron as últimas dinamizacións que se levarón a cabo, na primeira desprazámonos ata o colexio de Randufe e na segunda das xornadas recibimos ó colexio Pedro Caselles, que ademais tivo de especial ser primeira vez que en Sobrada se organiza unha actividade de dinamización deportiva.
DINAMIZACIÓN CEIP DE RANDUFE/CEIP DE SOBRADA
DINAMIZACIÓN CEP PEDRO CASELLES/ CEIP DE SOBRADA
DINAMIZACIÓN CEIP DE RANDUFE/CEIP DE SOBRADA
DINAMIZACIÓN CEP PEDRO CASELLES/ CEIP DE SOBRADA
martes, 3 de mayo de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)