miércoles, 31 de octubre de 2012
FELIZ DÍA DE SAMAÍN
Samain é a festividade de orixe Celta na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro se celebraba o final da tempada das colleitas na cultura celta e era considerada como o Ano Novo Celta, que comezaba coa estación escura.
Foi practicada desde fai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa.
Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata hai menos de trinta anos. O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro CALIVERAS DE MELÓN de melón (caveiras de melón) e noutra de posterior aparición, empezou aínda agora a chamar a atención dos antropólogos.
Hoxe en día empezase a celebrar o halloween, Samaín (adaptación ao galego da palabra gaélica) nalgunhas das cidades e pobos de Galicia.
Na vila ourensana de Ribadavia celébrase cada 31 de outubro a festa de A Noite Meiga (a noite enmeigada) na que a cidade se enche de fantasmas, bruxas, vampiros... e o castelo de Ribadavia é o grande escenario da pasaxe do terror, entre outras actividades.
viernes, 19 de octubre de 2012
19 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA
Hoxe conmemoramos o DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA. Trátase do tipo de cancro máis frecuente entre as mulleres, segundo indica a Organización Mundial da Saúde. Ainda que os homes tamén poden padecelo, as mulleres teñen moitas máis probabilidades de manifestalo.
Con máis razóns ca nunca, APOIEMOS A DETECCIÓN PRECOZ DESTA ENFERMIDADE, PORQUE SE SE DETECTA A TEMPO, HOXE PODE CURARSE.
miércoles, 17 de octubre de 2012
O TWIST DOS ALIMENTOS
Seguindo coa conmemoración do DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN, aqui vos deixamos este twist do Grupo Encanto (Cantajuegos) para que comprobedes como bailando e cantando tamén se aprende a comer dun xeito san e natural.
martes, 16 de octubre de 2012
16 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

jueves, 11 de octubre de 2012
PRIMEIRO DÍA INTERNACIONAL DA NENA
martes, 9 de octubre de 2012
lunes, 8 de octubre de 2012
Investigando sobre o noso corpo. Os sentidos
DESCUBRINDO O SENTIDO DA VISTA on PhotoPeach
Traballo realizado polas nenas e nenos de 5 anos en relación co noso primeiro proxecto que versa sobre o noso corpo. Neste caso realizaron un ollo con globos e pinturas.
Traballo realizado polas nenas e nenos de 5 anos en relación co noso primeiro proxecto que versa sobre o noso corpo. Neste caso realizaron un ollo con globos e pinturas.
lunes, 1 de octubre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)