domingo, 26 de abril de 2009
sábado, 25 de abril de 2009
MURAL DO MAGOSTO
Mural con motivo do Magosto elaborado polo alumnado do terceiro ciclo xunto coa súa mestra Ángeles.
Etiquetas:
3º ciclo,
Magosto 08
miércoles, 22 de abril de 2009
DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

A elección do 23 de Abril como "Día do Libro" procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data. Esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ó libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos/as, a descubrir o placer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ó progreso social e cultural. A idea desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional agasallar cunha rosa ao comprador dun libro.

"Con cada palabra de cada páxina,

"Con cada palabra de cada páxina,
22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA
Hoxe celébrase no mundo enteiro o Día da Terra, unha xornada instaurada dende 1970 que pretende converterse nun periodo de reflexión sobre o planeta e as consecuencias da actividade humana no medio ambiente. O seu promotor foi o senador estadounidense e activista ambiental Gaylord Nelson.

O paso primordial para tomar conciencia da defensa e conservación de toda a vida no Planeta Terra é meditar, adicar un tempo a pensar e reflexionar sobre o estado de deterioro ao que chegou o noso "fogar", sobre a conservación das especies vexetais, sobre os animais domésticos e os seus dereitos, sobre exemplares en vías de extinción, sobre posibles solucións ó lixo no mundo e sobre o apoio ás Organizacións Nacionais e Internacionais de loita pola preservación da vida no Planeta.
martes, 21 de abril de 2009
domingo, 19 de abril de 2009
lunes, 13 de abril de 2009
jueves, 9 de abril de 2009
miércoles, 8 de abril de 2009
martes, 7 de abril de 2009
QUE RISA DE BRUXAS!!
Este proxecto xurdiu a raiz do interese dos nenos/as polo conto "A bruxa do dente" da editorial Everest. A partires do conto decidimos investigar sobre a vida das bruxas e así puidemos aprender que tipo de apócemas preparan, onde viven, que cousas tan "apetitosas" comen, en que viaxan...Por suposto contamos coa colaboración das familias para tal investigación e as aulas enchéronse de contos de bruxas, disfraces, ... Ata nas clases de inglés falouse delas e o teacher Daniel tróuxonos un gorro chulísimo de bruxa!!


Tamén aprendemos unha canción de Uxía Senlle:"AS FADAS QUE TE FADEN" e a bailamos e cantamos moitas veces...
Que divertido aprender cousas de bruxas!!!
AS FADAS QUE TE FADEN

Tamén aprendemos unha canción de Uxía Senlle:"AS FADAS QUE TE FADEN" e a bailamos e cantamos moitas veces...
Que divertido aprender cousas de bruxas!!!
AS FADAS QUE TE FADEN
A BRUXA TOLA
APRENDEMOS OS NÚMEROS COAS REGLETAS
As regletas Cuissenaire son un material matemático destinado a que os nenos/as aprendan a composición e descomposición dos números para así inicialos nas actividades de cálculo. Coa súa manipulación familiarízanse co material, que consta dun conxunto de regletas de madeira de dez tamaños e cores diferentes. A lonxitude das mesmas abarca de 1 a 10 cm. e cada unha equivale a un número determinado.
Neste video os nenos/as de 4 e 5 anos buscan alternativas para formar o número 6 coas regletas. Sobre a regleta verde escuro que vale 6 colocan outras de menor valor que, ao xuntalas, valen o mesmo.
OS DEPORTES SEGUNDO OS NENOS/AS
Dádelle á pausa nalgunhas partes do video para aprender dos nenos/as xa que o proxecto foi creado cos seus comentarios investigando e analizando cada deporte. Os debuxos non teñen desperdicio!!
MURAL DOS DEPORTES
Un dos proxectos traballados polo alumnado de Educación Infantil neste 2ºtrimestre foi o dos DEPORTES, tendo en conta o eixo transversal "Educación para o lecer". Este mural serviu de motivación nas dúas aulas de infantil e foi elaborado con material (prensa deportiva, revistas, fotos...) aportado polos nenos/as coa colaboración das súas familias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)