Mostrando entradas con la etiqueta Curso 18-19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 18-19. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de junio de 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO

" A SOPA VERDE"
TEATRO
EDUCACIÓN INFANTIL "BABY SHARK"
CANTIGA
EDUCACIÓN INFANTIL "COME, BEBE E DESCANSA"
 MUSICAL
 1º CICLO "BAILANDO A AUGA"
COMEDIA NATACIÓN
2º CICLO "AGULLA DE MAREAR"
TEATRO
5º CURSO "20 ANOS DESPOIS"
TEATRO
 6º CURSO
  "EU CHORAR CHOREI"
CANTIGA
EDUCACION INFANTIL
VÍDEO RESUMO DO CURSO O FESTIVAL EN IMAXES

ETWINNING PROJECT "Tongue-twisters:European Day of Languages"


O curso de 4º de primaria na área de inglés participou nun proxecto etwinning en colaboración con outros centros escolares europeos chamado “Tongue-Twisters - European Day of Languages”. En concreto os países participantes foron Croacia, Polonia e España.
O obxectivo principal foi a celebración do Día Europeo dos Idiomas, onde o alumnado intercambiou diversos trabalinguas en inglés e tamén nas súas linguas de orixe (español, galego, croata, polaco), fomentando a interculturalidade e enrequecemento lingüístico, poñendo en valor e defendendo todas as linguas que falamos.
Elaboraron dous vídeos, un de presentación dos equipos cooperativos de traballo diario, e outro no que recitan uns trabalinguas en inglés, castelán e galego.


INTRODUCE YOUR TEAM TONGUE-TWISTERS

ETWINNING PROJECT "My family and I"

O curso de 1º de primaria na área de inglés participou nun proxecto etwinning en colaboración con outros centros escolares europeos chamado “My family and I”. En concreto os países participantes foron Rumanía, Polonia, Macedonia, Turquía, Lituania, Italia, Portugal, Azerbaian,Serbia e España.
Elaboramos dous vídeos, un de presentación sinxela de cada alumno/a e outro en onde presentan as súas familias.

PARABÉNS POLO ESFORZO!


INTRODUCTIONS 1º A INTRODUCTIONS 1ºB FAMILY 1ºA FAMILY 1ºB

miércoles, 26 de junio de 2019

DEIXANDO PEGADA

Un novo curso máis, o pintor de Tebra, Basilio Calzado, colaborou co alumnado de 6º na ilustración dun muro. Desta vez fixeron un collage de varios debuxos realizados polo alumnado, ó que Basilio lle deu forma para plasmalo e axudarlles a que deixaran a súa pegada no momento en que rematan a súa escolaridade de primaria. Moitas Gracias Basilio!!! Sorte alumnado nesa nova andaina!

viernes, 7 de junio de 2019

CURTAMETRAXE "TOMIÑO NO MUSEO"



O noso centro foi galardoado o pasado 31 de maio no II certame "O museo de Pontevedra en curtametraxes" co 2º premio na categoría infantil, na que se recoñeceron os mellores traballos presentados por toda a provincia.
O noso alumnado amosou a súa particular visión do patrimonio cultural exposto no Sexto Edificio , no Edificio Sarmiento e nas Ruinas de San Domingos.
A curtametraxe vai narrando, a través dunha conversa entre dúas nenas do colexio, algúns dos grandes artistas tomiñenses ( moitos deles con obra no propio museo).
O produto final está feito integramente polo alumnado de 5º,  empregando as ferramentas dixitais de software libre proporcionadas polos ordenadores do programa abalar, despois dun intenso traballo de búsqueda de información, e concreción do guión final, a realizar polo propio alumnado nos seus grupos cooperativos, realizados no tempo de talleres semanais dos que dispón o centro.
Hai que agradecerlle á fundación Xavier Pousa o emprego de imaxes que cederon para tal produción.
Noraboa rapazas e rapaces de 5º!!!







Para máis información pincha AQUÍ.

sábado, 1 de junio de 2019

O FESTIVAL DE FIN DE CURSO XA ESTÁ CERCA!

Que rápido acontece todo! Xa estamos cerca do fin de curso!

No colexio estamos traballando a toda máquina para celebralo cun bo festival. Decorados, música, guións...Daremos feito?

Anunciámosvos que terá lugar o MÉRCORES DÍA 19 DE XUÑO POLA MAÑÁ NO AUDITORIO DE GOIÁN.

Ide deixando un oco nas vosas axendas para vir a vernos! Será unha chulada!

Imagen relacionadaImaxe bigli migli.

DEIXANDO PEGADA: xa queda menos para que pintemos o muro!

Seguimos adiante co noso pequeno proxecto "DEIXANDO PEGADA". O pasado martes día 28 de maio, Basilio achegouse de novo polo colexio para ver como andaban as nosas ideas e deseños para pintar o muro neste curso.

Ensinámoslle as nosas obras e charlamos sobre o motivo que levounos a crealas dese xeito.

A verdade é que sentímonos moi ben, porque parece que lle gustaron e comprendeu o que queríamos transmitir e os nosos gustos e inquedanzas.

Levou os traballos porque con todos eles vai facer unha montaxe...Vai ser unha chulada!

Aquí tedes unhas cantas imaxes da visita. Grazas Basilio é xenial poder contar contigo!


lunes, 29 de abril de 2019

DEIXANDO PEGADA: PINTURA MURAL DO ALUMNADO DE 6º E.P

Dende fai algúns cursos, os nenos e nenas que marchan da nosa escola para continuar a súa andaina no instituto, pintan un mural para deixar unha lembranza no seu colexio. Con pintura ou sen ela sempre terán un espazo entre nós e as portas abertas. Neste curso continuamos coa actividade, coa novidade de deseñar dende o principio o que ímos pintar no muro da pista deportiva. Por este motivo o pasado día 23 de abril, Basilio Calzado (pintor de Tomiño), conversou co alumnado de sexto para achegar os seus coñecementos e escoitar aos nosos nenos e nenas, para que o deseño final leve o máis posible as súas ideas, inquedanzas e personalidade. Volverá para estar con nós dentro dun mes e así amosarlle as nosas ideas.Basilio é unha persoa xenerosa e implicada coa educación e formación cidadá. Despois desta segunda visita, no mes de xuño nos veredes mans á obra, fronte ao colexio. Vai ser moi emocionante! Mentras tanto, aquí tedes o vídeo coa intervención do curso pasado e unha imaxe da visita deste curso.

miércoles, 10 de abril de 2019

XORNADAS CULTURAIS: Mércores 10 de abril,"Ioga"

O alumnado de 1º participou nunha sesión de Ioga impartida por unha nai do noso centro, á cal lle agredecemos de corazón a súa colaboración.
Moitísimas gracias Ana!!!

XORNADAS CULTURAIS: Martes 9 de abril. "Compostaxe"

O alumnado de 3º e 4º de primaria puxemos de novo en funcionamento o composteiro que tiñamos esquecido no colexio.
Isto foi posible gracias á colaboración de persoal do concello que nos veu botar unha man e lembrarnos a importancia de ter un composteiro, como empregalo e como coidalo.
Recollemos lixo, seleccionámolo, desmontamos o composteiro, volvemos montalo noutro lugar máis axeitado, e comezamos a empregalo.

XORNADAS CULTURAIS: Martes 9 de abril, "Froita saudable"

O alumnado de 1º ciclo tivemos unha charla, con degustación incluida, sobre distintas variedades de froitas.

lunes, 8 de abril de 2019

XORNADAS CULTURAIS: Luns 8 de abril,Receitas Inclusivas

Este luns visitáronnos tres nais de alumnado de 1º ciclo para ensinarnos a cociñar unhas receitas inclusivas libres de glute.
Elaboramos e degustamos madalenas e pizza. Mmmmmm, riquísimas!!!
Gracias a Begoña, Lorena e Belén.

lunes, 4 de febrero de 2019

CARTAS A PAPÁ NOEL

A ANPA do centro elaborou este video coas cartas do alumnado a Papá Noel. Moito traballo e moi bo resultado. Parabéns!

lunes, 17 de diciembre de 2018

HALLOWEEN TRADITIONS


O alumnado de 4º cóntannos algo sobre a tradición de Halloween.

HALLOWEEN QUIZ


O alumnado de 3º cóntannos unhas adiviñas baseadas na conmemoración de Halloween.

HALLOWEEN PICTURE


O alumnado de 2º describe unha viñeta de Halloween.

HALLOWEEN POSTERS 1ºB

O alumnado de 1ºB elaborou uns posters de Halloween e presentoullo ó resto da clase.

HALLOWEEN POSTERS 1ºA


O alumnado de 1ºA elaborou uns posters de Halloween e presentounos ó resto da clase.

HALLOWEEN E REALIDADE AUMENTADA

O alumnado de 1º de primaria toma contacto coa realidade aumentada a través da conmemoración de Halloween.

HALLOWEEN E REALIDADE AUMENTADA

O alumnado de infantil de 5 anos toma contacto coa realidade aumentada a través da conmemoración de Halloween.