lunes, 4 de abril de 2022

DEPORTE ESCOLAR. ATLETISMO EN PISTA.

XORNADA DE ATLETISMO 5º

Durante o segundo trimestre o alumnado de 5º e 6º participou nas xornadas de atletismo que se celebraron nas pistas de atletismo de a Macoca de Tui. Participaron os colexios de Tui, Tomiño, Salceda, o IES San Paio de Tui e o IES de Tomiño. Actividade moi agardada despois do parón pola incidencia da covid no comenzo do ano.
 A experiencia foi fantástica a tódolos niveis, nada mellor que poñer en práctica o aprendido nunha pista de atletismo, convivir con alumnado doutro centro, favorecer  a cohesión do grupo clase polos  ánimos, apoios e celebracións cos compañeiros de calquera logro.
A diversidade de modalidades que ofrece o atletismo permitíu que cada neno escollese a aquela na que se sentía mais cómodo, sempre que foi posible. O mellor da xornada, foi a ilusión e as gañas en cada carreira, salto e lanzamento.
Tanto os equipos de 5º coma o de 6º lograron o segundo posto  nestas xornadas, noraboa a todos e todas polo voso esforzo.
 
Toda a información podémola atopar na web de AGRUDEBAM