domingo, 27 de noviembre de 2022

SEMANA DO BO TRATO E A DIVERSIDADE 25N AO 2D.

 Esta é unha porta negra cargada de palabras e debuxos negativos,simboliza a violencia, o maltrato, como apuntan os pequenos do cole: "a porta dos insultos" "a porta da maldade".Estanos invitando a pensar como podemos transformala nun espazo libre de violencia.

Ninguén debería ter que cruzar unha porta así e por iso, ao longo da semana nas titorías iremos transformando todos estos mensaxes negativos noutros positivos para conseguir que calquera esté desexando abrir esta porta que nos leva a un mundo mellor.

Iremos amosando este proceso de transformación e animándovos a que fagades o mesmo coas portas que vos atopedes nas vosas vidas.

jueves, 24 de noviembre de 2022

RADIOEMOCIÓNATE


 Xa temos no soso centro a exposición sobre a radio da iniciativa RADIOEMOCIÓNATE.

Actividade organizada pola Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia, celebrado o 90 aniversario da primeira emisión de radio en Galicia.

E mañá venres 25, grabaremos un programa de radio da emisora Si Radio  na que contaremos con invitados especiais. Poderémolo escoitar próximamente.

martes, 15 de noviembre de 2022

OBRADOIRO IGUALDADE E BO TRATO

 Co motivo da conmemoración do día da igualdade e  a semana do bo trato e a diversidade, esta semana  e a próxima recibimos no centro charlas e obradoiros dirixidas ao alumnado de 5º e 6º promocionadas polo Concello de Tomiño a través do grupo Talentea.

O obradoiro " Conecta co bo trato" ten como obxectivos analizar e comprender os estereotipos e roles machistas, interiorizar a práctica do bo trato como ferramenta contra a violencia de xénero e o fomento da igualdade de oportunidades entre nenos e nenas e analizar de forma crítica as representacións culturais de xénero e coñecer alternativas coeducativas.


ESPECTÁCULO TEATRAL EN VIGO

 

 Nesta semana o alumnado de 1º ciclo asistíu ao espéctaculo teatral "la aventura de no aburrirse" da compañia L'Estaquirot no Centro  Afundación de Vigo.

A obra  invítanos a reflexionar sobre a xestion do tempo de lecer e a cantidade de xogos e xoguetes que temos en casa e cos que tamén nos aburrimos. Foi un espectaculo divertido, cheo de creatividade, color e cunha mensaxe moi actual.



lunes, 14 de noviembre de 2022

MAGOSTO

Un tempo cálido e solleiro acompañou a Festa do Magosto que celebramos o pasado 11 de novembro, día de San Martiño. É tempo de asar  castañas e  en Sobrada sumámonos a esta tradición acompañando a desgustación das castañas con música e xogos, que ben o pasamos!!

Agradecemos a tódalas familias e a Anpa do cole que coa súa colaboración fixeron posible, unha vez mais, o disfrute desta festa. Graciñas