jueves, 29 de septiembre de 2011

ADAPTACIÓN Á ESCOLA

No día de onte, todo o alumnado de 3 anos (11 nenos e 7 nenas) xuntouse por fin despois dun periodo de adaptación que durou case todo o mes de setembro. Foron uns días difíciles para algúns nenos e nenas, xa que o comezo da escola é un cambio moi grande para eles. Teñen que acostumarse á rutina e ás normas da escola, así como a convivir cos seus iguais e cos mestres e mestras que lles imparten clase.
Aquí vos deixamos este video para que vexades o que deu de sí este tempo de adaptación: coñecerse, falar, pintar, xogar, bailar, aprender a ir en fila, a sentarse correctamente na cadeira da aula, a compartir o material, e moitas cousas máis pero a principal: vir contentos ao colexio!.

lunes, 26 de septiembre de 2011

PROMOCIÓN DEPORTIVA

Iniciamos o curso coa visita de técnicos e xogadores dos clubes de baloncesto e de balonmán de Tui. Clubs moi cercanos que nos ofrecen a posibilidade de adiestrar a modalidade deportiva tanto no centro, como actividade extraescolar, coma no clube. Animáronnos a practicalos, xa que ademais de facernos sentir mellor físicamente, ofrécenos a oportunidade de relacionarnos cos demais, e tamén a posibilidade de superarnos día a día; ata poder chegar a ser campións como o equipo cadete de baloncesto de Tui actual campión galego que tamén estivo presente na sesión de presentación e xogos.


viernes, 16 de septiembre de 2011

viernes, 2 de septiembre de 2011

BENVIDOS



Benvidos ó novo curso escolar que dará comenzo o vindeiro martes 13 de setembro de 9 a 14h, lembrade que o día 12 é festivo no Concello de Tomiño. Non vos esquezades de traer as ganas e o entusiasmo por aprender; esperamos que este sea un gran ano para todos e todas.