jueves, 26 de abril de 2012

TRABALLANDO CON FOTOS: GRUPO D

O alumnado do 2º ciclo expón o seu traballo despois de dous talleres de informática traballando coa fotografía. Sacaron fotos, retocáronas co Picasa, caracterizárona en Dumpr e fixeron un slideshow en Picture Trail. Este é o resultado do GRUPO D.












martes, 24 de abril de 2012

ZONAL BÁDMINTON

O pasado sábado 21 de abril celebrouse en Tomiño o torneo de bádminton interzonal do Baixo Miño- Condado, no que tivemos tres representantes, dúas benxaminas Eva Roldan e Yesenia Martínez e o alevín  Samuel Moreno xogando todos un magnífico papel nesta xornada na que  se disputaban  cinco prazas para participar no torneo provincial de As Neves que se xogará o vindeiro día 5 de maio.
Emocionante foi a clasificación de Eva Roldan en 3º posición e os postos acadados por Yesenia Martínez  7º quedando de reserva e a de Samuel Moreno 10º posición. Noraboa a todos.
Neste enlace poderás ver os resultados

lunes, 23 de abril de 2012

Abraham Carreiro


O pasado  venres recibimos a visita de Abrahan Carreiro, un gran ilustrador de contos e de comics, con él tivemos a oportunidade de aprender e por en práctica diversas técnicas  de debuxo.Cunha rapidez e facilidade pasmosa comenzou  a crear divertidos  personaxes enchendo un papel branco nun instante, presentounos  aos  seus  piratas cibernéticos, mentres,  explicábanos  como conseguir corpos proporcionados, expresar sentimentos, organizar as viñetas para situar unha historia....
Invitounos a que probásemos a facer nós o mesmo, e a verdade é que funciona pero hai que ter moita calma, paciencia, practicar moito e sobre todo poñer a traballar a imaxinación.

DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase o DÍA DO LIBRO a nivel internacional. A Orixe do día do libro remóntase a 1930. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nesta data naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, é unha data tan simbólica para a literatura universal e foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
Co motivo desta  celebración  hoxe se está a facer unha actividade  de animación a lectura co libro "biblioburro", unha historia real  de Colombia.
 Se queredes coñecer máis a fondo esta interesante historia visitade o BLOGUE DA BIBLIOTECA.



martes, 17 de abril de 2012

FACEMOS ACROBACIAS


O pasado venres recibimos no cole a especial visita de Alba Castro, unha xoven ximnasta que fixo un alto nas súas vacacións para ensinarnos un pouco de como é o deporte que practica, pois non é moi coñecido.
Alba ten tan só 16 anos e xa foi campiona de España en varias ocasións e participou en diversas competicións internacionais co seu clube de Ximnasia Acrobática : Flic Flac de Vigo.

Ensinounos a facer diversas figuras e conseguiu que fosemos quen de realizar incribles composicións nas que algúns dos nosos compañeiros demostraron ser todos uns expertos.


Ademais, tamen contounos que no seu deporte unha das cousas máis importantes era a confianza nos teus compañeiros, o traballo en equipo e algunhas cualidades que se poden traballar como o equilibrio, a forza e a flexibilidade.
Agradecémosche moito a túa visita, Alba, e esperamos terte pronto connosco en outra ocasión.
Unha aperta dos teus alumnos por un día!

domingo, 15 de abril de 2012

TRABALLANDO CON FOTOS: GRUPO C

O alumnado do 2º ciclo expón o seu traballo despois de dous talleres de informática traballando coa fotografía. Sacaron fotos, retocáronas co Picasa, caracterizárona en Dumpr e fixeron un slideshow en Picture Trail.
Este é o resultado do GRUPO C.











































miércoles, 11 de abril de 2012

RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Un ano máis, achegámonos ao DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de Maio), unha data instituída dende o ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria no idioma galego ou pola defensa da lingua galega.
Este ano, o autor homenaxeado é VALENTÍN PAZ ANDRADE, do que vos deixamos unha serie de ligazóns e recursos de interese para coñecer mellor a súa vida e obra:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - GALIPEDIA
HISTORIA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS - GALICIA DIXITAL
VALENTÍN PAZ ANDRADE - GALIPEDIA
BIOGRAFÍA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE
VALENTÍN PAZ ANDRADE - GALEGOS
WEB DE VALENTÍN PAZ ANDRADE
VALENTÍN PAZ ANDRADE - FARO DE VIGO
VALENTÍN PAZ ANDRADE - EL CORREO GALLEGO
VALENTÍN PAZ ANDRADE - LA VOZ DE GALICIA
ENTREVISTA A ALFONSO PAZ ANDRADE (FILLO DO HOMENAXEADO)

Ademais, se pinchades na seguinte imaxe poderedes acceder á páxina do SEMINARIO GALÁN onde, coma todos os anos, atopamos unha ampla variedade de materiais imprimibles para traballar ó autor axeitadas tanto para educación infantil como para cada ciclo de educación primaria, así como actividades en liña para o encerado dixital interactivo, información sobre o Día das Letras Galegas, ligazóns de interese, etc.

FICHAS, INFORMACIÓN E ACTIVIDADES EN LIÑA:

BIOGRAFÍA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE (SEMINARIO GALÁN):


DOCUMENTAL SOBRE A VIDA E A OBRA DO AUTOR:
"COMPROMISO CON GALICIA"