martes, 29 de septiembre de 2009

29 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL DOS MARES

O Día Marítimo Mundial foi establecido polas Nacións Unidas coa finalidade de manter e mellorar a seguridade das operacións marítimas internacionais e para previr a contaminación marina.

MAR é un nome xenérico que se utiliza para designar a todas as augas salgadas que cobren unha grande parte da superficie da Terra.


Sen mar non habería vida no noso planeta. Nembargantes, a pesares da inmensidade e enorme riqueza biolóxica que encerran, os nosos mares e océanos son fráxiles, moi pouco coñecidos e especialmente vulnerables ás ameazas.

Entre as causas que orixinan a contaminación dos mares atópanse: as augas residuais das cidades, as verteduras industriais, a incineración dos residuos tóxicos, a actividade petroleira, os sedimentos provenientes da tala de árbores e da erosión, entre outros.

Entre as súas consecuencias podemos citar as seguintes:

- Aumento de mareas negras e verteduras ó mar; as correntes do océano tenden a devolver os residuos á costa, de maneira que moitos son perigrosos e poden causar enfermidades.
- Os residuos concéntranse entre as capas térmicas e as frontes oceánicas, que son as zonas nas que se atopan os bancos de peixes máis produtivos. Polo tanto, descende o número de especies de animais e plantas.
- A proliferación de algas tóxicas.
- A perda de ecosistemas costeiros de inmenso valor.
- Unha redución na calidade do entorno dende o punto de vista turístico.


Cando os seres humanos empecemos a valorar, coidar e respectar a natureza poderemos disfrutar de todos os beneficios que proporcionan estes incribles ecosistemas.

A CONTAMINACIÓN DO MAR

domingo, 27 de septiembre de 2009

27 DE SETEMBRO: DÍA NACIONAL DA CONCIENCIA AMBIENTAL

O coidado do medio ambiente é unha das responsabilidades primarias de todos os habitantes do mundo. A conmemoración deste día debe axudar a concienciar sobre a importancia do coidado do planeta para nós e para as vindeiras xeracións.


Tal día coma o de hoxe, no ano 1.993, houbo un escape de gas cianhídrico que orixinou unha traxedia na cidade de Avellaneda (provincia de Buenos Aires). Dende entón, todos os anos nesta data, conmemórase o DÍA NACIONAL DA CONCIENCIA AMBIENTAL e lémbranse os dereitos e deberes constitucionais relacionados co medio ambiente.

É unha maneira sinxela pero moi axeitada de formar comunidades máis conscientes acerca da conveniencia de actuar con respecto e compromiso cara o lugar no que nos toca vivir, tendo sempre presente que o dano que lle facemos ó medio ambiente facémolo a nós mesmos, aos nosos concidadáns e aos habitantes futuros da nosa terra.


CREANDO CONCIENCIA...

martes, 22 de septiembre de 2009

22 DE SETEMBRO: "DÍA EUROPEO SEN COCHE"


Dende o día 16 de Setembro vimos celebrando a Semana Europea da Mobilidade. Esta semana culmina co DÍA EUROPEO SEN COCHE (22 de Setembro), co que se trata de fomentar o uso do transporte público e concienciar ós cidadáns e autoridades sobre a necesidade de reducir as emisións de CO2 provenientes dos vehículos.

Os nenos/as deben reflexionar sobre o impacto do transporte na calidade do aire e o clima e sobre os hábitos que degradan o noso contorno, como o uso particular do coche.

O ideal é que persoas que teñen que facer o mesmo traxecto se animen a compartir coche e gastos co aliciente de abaratalos e reducir as emisións de gases á atmósfera, pero non só neste día, senón todos os días.

Lembrade!: "MENOS FUME E MENOS CO2!"

OS DESASTRES DA CONTAMINACIÓN:


Para reflexionar sobre a importancia de coidar o noso planeta:
O NOSO FOGAR!

miércoles, 16 de septiembre de 2009

DÍA INTERNACIONAL DA PROTECCIÓN DA CAPA DE OZONO

Hoxe celébrase o Día Internacional da Protección da Capa de Ozono.

A chamada capa de Ozono é unha rexión atmosférica situada entre os 15 e 35 kilómetros de altura,en onde se concentra preto do 90% de todo o ozono da atmosfera.

A destrución da capa de ozono é un dos problemas ambientais máis graves co que nos debemos enfrontar hoxe en día.Entre os principais efectos da destrución da capa de ozono están os seguintes:
  • Aumento dos niveis de radiación ultravioleta, prexudicial para os seres humanos,animais e prantas.
  • Incremento dos cambios climáticos.
  • Alteración da atmosfera e intensificación das tormentas tropicais e os furacáns.
Sabendo que os gases que máis afectan negativamente á conservación da capa de ozono son os que conteñen cloro e bromuro,debemos de facer un consumo moi responsable e limitado de sustancias que conteñan estos compostos.

Ainda que imos no bo camiño,temos que seguir mellorando e concienciarnos do importante que é para a nosa vida a conservación de dita capa.


domingo, 13 de septiembre de 2009

BENVIDOS/AS Ó CURSO 2.009/10

Estimadas familias!
Aquí tedes o programa deste novo curso 2.009/10 adicado ó Medio Ambiente, onde poderedes ter acceso á información importante do noso cole relacionada cos horarios, calendario escolar, profesorado, colaboración familia-escola...
Non vos esquezades de facer clic en cada imaxe para ampliala!

miércoles, 9 de septiembre de 2009

GRIPE A: INFORMACIÓN E PREVENCIÓN

1º) QUE É A GRIPE A?
Trátase dunha enfermidade respiratoria causada por un novo virus da gripe tipo A que amosou a súa capacidade para se transmitir dunha persoa a outra. É similar á gripe común e polo tanto, xeralmente é unha enfermidade leve, sempre tomando as precaucións axeitadas.
2º) CALES SON OS SÍNTOMAS DA GRIPE A?
Adoita comezar bruscamente con febre (38º ou máis), tose, dificultades para respirar, dor de cabeza, dor de gorxa, secrecións nasais, esbirros, dor muscular, malestar xeral. Poden aparecer ademáis vómitos ou diarrea.
3º) COMO SE TRANSMITE?
A transmisión é similar á da gripe común, por respirar as gotiñas que se producen cando unha persoa infectada tose ou esbirra. Esta é a forma de contaxio máis habitual e para que se produza precísase un contacto estreito coa persoa infectada.
O contaxio tamén pode producirse ao tocar algo que estea contaminado co virus da gripe e logo levar as mans á boca, ó nariz ou ós ollos sen lavalas antes.
4º) DURANTE CANTO TEMPO PODE TRANSMITIR A INFECCIÓN UNHA PERSOA ENFERMA?
Dende un día antes da aparición dos síntomas ata 7 días despois (ainda que nos nenos/as pequenos/as este periodo pode ser maior). Este é o tempo de illamento recomendado para os pacientes.
5º) PAUTAS DE PREVENCIÓN:
- Cando o espazo o permita, manterse polo menos a un metro de distancia doutras persoas.
- Cubrirse a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar cun pano de papel e logo tiralo ao lixo.
- Tusir ou esbirrar contra o brazo e non contra as mans, se non se ten un pano de papel.

- Lavar e manter as mans ben limpas con auga tibia e xabón ou ben usar xel desinfectante baseado en hidro-alcohol que non precisa auga.
- Quedar na casa se se está enfermo e non asistir á escola nin a lugares públicos durante ese período.

6º) INFORMACIÓN ADICIONAL:


martes, 8 de septiembre de 2009

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO


As bases das bolsas de axuda na adquisición dos libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario para o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e de educación especial do curso 2009/10 pódense consultar no seguinte enlace ao DOG.


VOLTA Ó TRABALLO


Benvidos a todos e a todas!! Xa é hora de volver ó cole de novo.

Neste curso que comeza o vindeiro día dez deixaremos o "Tempo de lecer" para centrarnos no "Medio Ambiente".

Esperamos disfrutar moitísimo todos xuntos e aprender a coidar como se merece o noso entorno, que é o que nos dá vida.