viernes, 28 de octubre de 2022

CELEBRAMOS O SAMAÍN NAS AULAS.

A choiva e a oscuridade da mañá foron o escenario perfecto para  o desfile de meigas, mortos andantes, pantasmas, vampiros...grandes, pequenos e medianos. Que medooo!!!!. Comeza o aninovo celta, estamos no Samaín, e moitos celebramos esta data acudindo ó colexio disfrazados de diversos personaxes tenebrosos.🧛🧛🧛🧛🧛🧛🧛🧛🧛🧛


PROMOCION DEPORTIVA

Durante o mes de setembro recibimos a visita de clubs deportivos da zona para realizar unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, tamén explicaron o funcionamento do seu club (localización, adestramentos, competicións) e se este deporte se vai impartir como actividade extraescolar no noso centro... Todos os técnicos animáronnos a practicar algún deporte no noso tempo libre polo positivo e saudable para o noso corpo e por tódolos valores sociais unidos a sua práctica. Mostráronnos un modelo de sesión práctica para achegarnos ó deporte e animarnos a probar no club o no colexio. Os clubs que viñeron foron o Club de Fútbol sala Tui, Club de Balonmán Tui,Club de Judo Baixo Miño, Club Bádminton Tomiño.