miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 23 de abril non quixemos pasar por alto esta data tan significativa, xa que se cumpre o 185 aniversario do nacemento da escritora máis representativa de Galicia pola súa defensa da lingua galega.

 

Para fomentar o coñecemento e agarimo por Rosalía, entre outras actividades todos os nenos e nenas chegamos esta mañá ó cole cunha careta de Rosalía, ademais decoramos os corredores do colexio con murais de Rosalía e escribimos poemas, frases e palabras que mais nos lembran a esta gran poetisa.




ORDE DO MECO PARA O XOVES


 

domingo, 20 de febrero de 2022

ORDE DO MECO PARA O LÚNS

Estreamos Meco!!! o Entroido ábrese paso en Sobrada, esta semana é un anticipo do que aveciña... xa nos estamos preparando!!, prestade atención as ordes do Meco se o queredes ter contento.

Para  este lúns o Meco ordea vir deste xeito:


 


miércoles, 2 de febrero de 2022

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

 
O pasado luns 31 de xaneiro celebramos no cole o día da Paz, para conmemorar esta data tan importante todos colaboramos na creación dun mural  aportando  unha botella cunha mensaxe de paz.
 

Ademáis ocurríusenos bailar unha canción que nos fala de valorar o que temos, ser felices, agradecer, aceptar consellos...moitos valores moi importantes que non debemos esquecer para manter a paz tódolos días.

A canción é "Madre Tierra" de Chayanne que fomos aprendendo e gravando  aos poucos para despois o día 31 xuntarnos todos no patio. Este foi o resultado...

Versión MADRE TIERRA todo o alumnado no patio do centro.


Versión MADRE TIERRA por aulas e en diferentes localizacións do centro, aquí deixamos os ensaios e preparación da coreografía.