Mostrando entradas con la etiqueta E.Fisica 19/20. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta E.Fisica 19/20. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de febrero de 2020

XORNADA BENXAMÍN DE BÁDMINTON

O pavillón de Tomiño de A Carballa acolleu hoxe  a última das xornadas da liga e tamén  clasificatoria para a final  de bádminton. Foron os benxamíns, os máis pequenos da liga os que tomaron un primeiro contacto con deportes de raqueta; superado o primeiro momento de nerviosismo ante un novo acontecemento, estes benxamíns organizaronse  e  desenvolvéronse  moi ben no campo.
Desta xornada farase un cadro clasificatorio, do que informaremos,  para as finais que se celebrarán o vindeiro mécores 19 de febreiro  e na que participarán todas as categorías: benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.
Noraboa a todos pola vosa participación.

DEPORTE ESCOLAR

Recibimos o mes de xaneiro con moito movemento, recen chegados do nadal participamos en varias actividades.
A primeira delas foi unha dinamización deportiva co colexio de Salceda de Caselas. Desta vez xogaron os cursos de 6ºA e 4º do noso cole, tivemos que organizarnos  moi ben para atender a todos os  deportes e participar no maior número posible. Xogamos, animámonos moito como grupo, aprendemos a adaptámonos ós cambios que acontecian no xogo, probamos cousas novas e sobre todo coñecimos e convivimos con   nenos/as doutro centro.

Nesa mesma semana pola tarde comenzaba a liga de bádminton do Baixo Miño que se desenvolve  simultaneamente no pavillón de A Carballa de Tomiño e no Ceip de Randufe durante dúas xornadas. Os mellor clasificados pasan a unha final zonal que se celebrará o día 20 de febreiro en Tomiño. Os mellor clasificados desta fase participarán no Cto. Provincial de Bádminton representando a Agrupación Deportiva do Baixo Miño, equipo Agrudebam, nenos de todoslos colexios da zona unidos para lograr o mesmo obxectivo.

PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS:
Da fase zonal de cross que se celebrou durante o mes de novembro e decembro clasificáronse algúns atletas ,so os oito mellores postos de cada categoría, para participar no Cto. Provincial de Cross que se celebrou no Parque de Castrelos de Vigo. A participación nestas probas é moi numerosa, hai que correr moito!!!, e situarse ben na saída, como podedes ver nestos vídeos  grabados pola  familia de Brais da categoría alevín masculina.




miércoles, 18 de diciembre de 2019

EN NOVEMBRO OS PEÓNS AO CAMIÑO!

Un ano máis este xogo tradicional que se mantén e atopa renovacións, en diferentes tipos de materiais e xeitos de facelos bailar, saíu ao noso patio escolar. O alumnado tivo ocasión de, uns amosar as súas habilidades e outros achegarse a el e facelo brincar, aproveitamos e  fixemos un concurso de rodar trompos e o de Anxo de 6º foi o que aguantou máis. A escola ten que fomentar que estes xeitos de brincar perduren no tempo e...Así o intentamos. Deixámosvos unhas imaxes para que vexade como foi.