miércoles, 22 de diciembre de 2010

FELIZ NADAL!

Dende o CEIP DE SOBRADA queremos desexarvos a todos e todas unhas:
FELICES FESTAS!
Lembrade que reanudamos as clases o día 10 de Xaneiro pero ata entón...
...a disfrutar do turrón!



CONDUCÍNDONOS POLA VIDA

Aquí vos deixamos unha mostra do moito que colaboran as familias no colexio. Un ano máis participaron na confección da EXPOSICIÓN DE INVERNO que neste curso ten relación coa Educación Vial.
Moitísimas GRACIAS, familias, pola vosa implicación e por este grande traballo!
Felicitar ao alumnado que elaborou o video. Menudos chicos TIC!

MERRY CHRISTMAS MADRID

Our Madrid friends from CEIP San Cristóbal send us these videos wishing MERRY CHRISTMAS and a HAPPY NEW YEAR. Beautiful!!!

We miss you!!!





And this is our reply. We wish you MERRY CHRISTMAS and all the best for this new year!!!
We hope to see you again!!!
We miss you!


MERRY CHRISTMAS MUSIC from ceip sobrada on Vimeo.

martes, 21 de diciembre de 2010

1ª RECETA: OURIZO CACHO

Con motivo de que este ano nos centramos no eixe transversal “Educación Vial” e dado que no 1º trimestre temos un proxecto adicado ao ourizo cacho, aproveitamos o taller de cociña para facer un cos seguintes ingredientes: pera, limón, azucre, chocolate e améndoas en laminillas.


Recordade!!!! 1º pelamos e cortamos pola metade as peras. Despois esprememos os limóns para botarlle o zume ás peras e a continuación un pouco de azucre. Metémolas no forno uns minutos para logo botarlles chololate raiado previamente. Unha vez ben cubertas de chocolate colocámolles as améndoas imitando as pugas do ourizo cacho. E por último, poñémoslles ollos e nariz. E listos para comer!!!

lunes, 20 de diciembre de 2010

NOS RECREOS:"XOGOS EN ACCIÓN".

Todos os mércores o patio convértese nun espazo de xogos variados e comúns a todos os nenos e nenas, onde poden experimentar,aprender de outros e axudar e sobre todo divertirse.
O alumnado pode escoller entre nove propostas de xogo que van variando cada mes. Os nenos e nenas poden informarse no taboleiro dos xogos que hai no patio e en que lugar se ubican.
Para organizarnos, cada mércores encárgase un curso de colocar o material, guiar os xogos e axudar se é preciso para que todo marche ben.

martes, 14 de diciembre de 2010

VISITAMOS AMORÍN

O luns 13, disfrutamos dunha xornada de convivencia entre os nenos e as nenas do CRA Mestre Manuel Garcés coas unitarias de Amorín, Piñeiro, Carregal, e Taborda en Amorín.

lunes, 13 de diciembre de 2010

SAILING IN THE RIVER TORMES



Fixemos vela no río Tormes, en Salamanca. Que frío pasamos! Non sentíamos nada!!

CERTIFICATES OF ATTENDANCE

No taller de informática seguimos sacándolle partido ás fotos do campamento.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

UN POUCO DE ROCK`N ROLL!

Este ano temos un taller adicado á música en Infantil. No primeiro trimestre aprendimos diferentes estilos musicais coma o rock, o folk e o blues. O primeiro que traballamos foi o ROCK AND ROLL e todo o que engloba: Instrumentos utilizados no rock, coma a guitarra eléctrica, a batería ou o baixo; algúns artistas representativos coma Elvis Presley, Creedence, Queen, Tequila, Siniestro Total e tamén coñecimos os discos de vinilo e puidemos escoitalos nun tocadiscos. Ficamos abraiados xa que nada teñen que ver cos habituais CDs que escoitamos na casa ou no coche; pero o que máis nos gustou foi cantar e bailar ROCK`N ROLL!!

martes, 30 de noviembre de 2010

CAMPO A TRAVÉS CURSO 2010



O pasado sábado 27 de novembro tivo lugar a proba de Campo a Través nas instalacións de A Macoca en Tui, actividade promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Do Cole de Sobrada houbo pouca participación debido a a compromisos e coincidencia con outras ligas deportivas entre outros motivos.
Os nosos representantes afrontaron moi ben as carreiras, polo que o centro os anima a participar nas seguintes edicións, agora que xa teñen algo máis de experiencia e que non decaiga a participación. Ademáis das probas ó rematar as carreiras os nenos e nenas poideron xogar no pavillón anexo a diferentes deportes e xogos de mesa.

lunes, 29 de noviembre de 2010

Excursión das nenas e nenos de Infantil ao Parque de Bolas Camelot Park

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasaron as nenas e nenos de Infantil na saída que fixemos ao parque de bolas Camelot Park en Vigo.

martes, 23 de noviembre de 2010

FAREWELL



We borrow this video and this last photo from the blog "Colonial Nuggets" from our Madrid friends. We hope they don´t mind. We´d like to thank to all the monitors, all the teachers and the rest of the camp staff, and, above all, to Ángel, Javi and all their pupils for sharing that unforgettable week. THANK YOU!!!
We see you soon.
You can see more photos of the camp if you visit the website of NORAX AVENTURA.



GOODBYE GUIJO
Goodbye Guijo. Goodbye Guijo
Guiiijo goodbye. Goodbye Guijo
Guijo goodbye.
We´ll take you in our dreams.

Last Sunday night we arrived.
Me and my friends settled down.
Now, me and my friends are sad.
Gonna take a little stroll ‘round camp.

Goodbye Carlo. Goodbye Sue
EEErik goodbye. Goodbye Javier
Teachers goodbye.
We´ll take you in our dreams.

Sometimes we were very cold
Sometimes we didn`t like food.
Sometimes we had a great fun
We jumped from bed to floor.

Goodbye Luis. Goodbye Cristine
Daaaani goodbye. Goodbye Ana
Bruno and Fernando.
We´ll take you in our dreams.

Stop pollution and wastin’ water.
Stop global warmin’.
At home have showers, turn off the taps.
Turn off the lights, it’s cool.

Goodbye Madrid, Goodbye our friends.
Our friends goodbye
We must go home nooow
We hope to see you again.

Goodbye Sobrada, Goodbye our friends
Our brothers goodbye
We see you again along the road
I know it won´t be long.

GOODBYE, GOODBYE…

TEATRO EN INGLÉS






The 15th of November the children of the 2nd Cycle went to the theatre to Vigo.
The title of the play was "SPINDERELLA" the story is about a girl Cindy and her sister Becky that go to a Karaoke party with DJ Dave .It is a modern version of the story tale Cinderella.
It is very funny.We enjoyed the songs.

lunes, 22 de noviembre de 2010

COMBATINDO O FRÍO


Para combatir o frío había que recurrir a xogos de movemento que se agradecían moitísimo.


WHEN WE GO HIKING

The monitors told us about the most important things we need when we go hiking.

GUIJO MAIN SQUARE

We visited the main square of Guijo de Ávila and learnt things about this little village.

THE EARTHQUAKE GAME

You must pay attention because you could hear "left wall", "right wall", "owner" or "earthquake", and you had to find or build another new house. It´s not as easy as it seems...

domingo, 21 de noviembre de 2010

WORKING ON A DREAM

We sang this song with our partners from Madrid the last afternoon at Guijo.Don´t forget it, we´re workin´ on a dream!

WITH MY OWN TWO HANDS



A very appropriate song for this language inmersion week. Great voices,kids!!!

viernes, 19 de noviembre de 2010

DE VOLTA Á CASA


Mañá sobre as dez da mañá deixaremos o campamento e partiremos cara Salamanca; alí visitaremos o seu casco histórico e comeremos. Sobre as dúas e media estaremos saíndo para Tomiño, contando chegar ó colexio entre as oito e oito e media da noite.
Ata mañá!!!

GOODBYE GUIJO


We say goodbye everybody with this version of "Goodnight Irene". We adapted the lyrics and Ángel join to us for playing this sad song.

TV GAME SHOW:FUROR




Wednesday night we enjoyed dancing and singing in a TV game show called "Furor". We had to dance on a piece of paper.

GUIJO DE ÁVILA




Yesterday afternoon we went hiking and we learnt a lot of interesting things about El Guijo de Ávila, its history, its countryside, etc. We visited a classroom of renewable energy,too.


CANOEING




Last Tuesday afternoon we went canoeing.It was cold but we had a lot of fun.

jueves, 18 de noviembre de 2010

IT´S CLASS TIME!!!



SAILING



Last Tuesday we went sailing in the river Tormes. It was very cold but we had a great time with Bruno, the captain. Everybody could sail the boat.

ROCK & ROLL LUNCH


We´re having a great fun at meals time!!! Watch the video, feel the music and enjoy!!

HIKING



Yesterday afternoon we went hiking and we learnt a lot of things about this reservoir,the reservoir of Santa Clara,and the river Tormes. Dani and Cristina told us a lot of interesting things.

CAMPO A TRAVES DE TUI

O vindeiro sábado 27 de novembro celebraráse o zonal de campo a través nas instalacións de A Macoca en Pazos de Reis- TUI, onde participarán nenos e nenas dende os 7 anos ata 14 anos en diversas carreiras. Dende o centro animámosvos a que participedes. Espérase unha gran afluencia dos centros do Baixo Miño.
Na páxina de agrudebam poderedes ver os circuitos e as distancias a percorrer.Se pinchades nesta imaxe poderedes acceder a información.


ARCHERY AND ROCK CLIMBING


Así pasamos a friííííísima tarde do luns.Non hai como facer algo de escalada para quitar o frío.Por certo; todo mundo chegou ata arriba de todo;están feitos todos uns escaladores. Outro tema foi o tiro con arco, parece sinxelo, pero non é así,a maioría das frechas nin siquera chegaron a tocar a diana..jej. A seguir practicando!

miércoles, 17 de noviembre de 2010

FUNNY LUNCH

Así son as entradas ó comedor e as sobremesas. Con estes monitores é imposible aburrirse!!

O MAGOSTO DO COLE

O pasado día 28 de Outubro celebramos o magosto, como é costume, no MONTE ALOIA. Pasámolo en grande e todos os ciclos participamos en diversas actividades. En Infantil visitouse a casa forestal e en Primaria fíxeronse varias rutas aproveitando o bo tempo e disfrutando da natureza do contorno.
De seguido puidemos degustar as deliciosas castañas que asaron os nosos mestres ao tempo que nos deleitabamos escoitando ós nenos tocando percusión. Que ben o fixeron!
Velaquí tedes un resumo do que deu de sí esta xornada de MAGOSTO.

martes, 16 de noviembre de 2010

VIDEOCONFERENCE


Aquí comezamos a aventura desta viaxe, coñecendo aos nosos compis de campamento,o CEIP San Cristóbal de Chamberí, Madrid. Son impresionantes e estamos moi content@s de compartir esta experiencia con eles. Esperemos que poidamos facer máis cousiñas xuntas.
Aquí tedes aos seus dous mestres acompañantes. Se pinchades enriba da foto podedes visitar o blog de inglés do seu colexio, en onde veredes máis fotos e videos destes días.

THE FIRST DAY

CAMP LANGUAGE


Primeiros contactos e primeiras comidas.. ainda que estas últimas non sexan das preferidas de tod@s..jej.

lunes, 15 de noviembre de 2010

jueves, 11 de noviembre de 2010

XA QUEDA MENOS!!!

Só quedan tres días para a noso turno de inmersión lingüística!!!
Sairemos o vindeiro Domingo ás dez da mañá dende o colexio. Lembrarvos que levedes a merenda e a comida da viaxe. Non vos esquezades tamén de levar roupa de abrigo porque as predicións meteorolóxicas non son moi alentadoras... Podedes consultar o tempo previsto pinchando na imaxe de abaixo.

Esperamos tervos informado das nosas andainas a través do noso blog tan a miudo como nos sexa posible.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

NENAS E NENOS DE INFANTIL NO MAGOSTO

Neste vídeo poderás ver o ben que o pasaron as nenas e nenos de infantil na celebración da Festa do Magosto que tivo lugar no Monte Aloia, onde lles falaron sobre as especies animais e vexetais que podemos atopar neste contorno, así coma consellos e normas que debemos seguir todos cando visitemos calquera espazo natural e no Aloia en particular.



Ademáis, fixeron actividades moi interesantes no Centro de Interpretación do Monte Aloia, coma por exemplo unha actividade táctil na que tiñan que adiviñar que animal se agochaba nuns buracos polos que tiñan que meter a man.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Saída Santa Tegra


Foi a primeira saída d@s alumn@s do 3º ciclo neste curso 2010/2011.

8 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DO URBANISMO

Desde o 8 de novembro de 1949, grazas á iniciativa do enxeñeiro arxentino Carlos María Della Paolera e a pedido do Instituto Superior de Urbanismo da Cidade de Buenos Aires, celébrase o Día Mundial do Urbanismo, co propósito de fortalecer a conciencia acerca do importante que é vivir en ambientes sans e agradables, con abundancia de espazos verdes.

Durante o século XX consolidouse a urbanización de miles e miles de cidades en todo o mundo, como consecuencia directa e inevitable do crecemento da poboación. Así mesmo, a concentración en grandes urbes provén tamén da procura dunha mellor calidade de vida, sustentada nas comodidades que promove a economía moderna.
Con todo, en moitos casos, a iniciativa urbanizadora foi perdendo precisamente o que parecía ser un dos grandes beneficios para as cidades: mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. E neste caso a culpa é compartida: a creación de ambientes saudables e a convivencia dentro deles non é responsabilidade exclusiva dos planificadores ou mandatarios de quenda, senón sobre todo de cada un de quen alí viven, que deben procurar manter as súas cidades limpas, ordenadas, saudables, organizadas e ben coidadas, por respecto a si mesmos e tamén ao próximo.

Só nese contexto, esta conmemoración poderá servir para motivar accións necesarias para mellorar as urbanizacións, como o aumento de espazos verdes e zonas recreativas, o desconxestionamento de zonas superpobladas, a concreción de obras de desenvolvemento e todas as medidas que contribúan a diminuír a contaminación do aire e da auga.

Doutro xeito, sen un compromiso de cada un por coidar e mellorar o lugar no que vive, nin os máis acertados plans de urbanización terán sentido.


martes, 26 de octubre de 2010

PASOS DE CROCODILO EN PAMPLONA

Tendo en conta a nosa dedicación á educación vial durante este curso, debemos estar informados sobre o que acontece noutros lugares con respecto a este tema. Un exemplo é o que está a acontecer en Pamplona, xa que os pasos de peóns na contorna de 42 colexios de Educación Primaria de alí estanse a pintar coas formas de crocodilos e cans para sensibilizar aos nenos e á poboación en xeral sobre a necesidade de ser prudentes á hora de cruzar a estrada.


Para pintar cada animal, aproveitouse unha das bandas brancas rectangulares do paso como corpo da figura, polo que o resultado final é unha forma de crocodilo ou de can moito máis grande que as liñas estándar dos pasos, coa boca aberta, para chamar a atención do peón.
O seu creador comentou que, con esta campaña, téntase transmitir a mensaxe do perigo dos pasos de peóns "cunha linguaxe ao que os nenos están afeitos".
O obxectivo desta iniciativa, explicou, é que, cando o pai ou a nai acode co seu fillo ao colexio e lévao da man, "advírtalle de que debe ter coidado á hora de cruzar e o neno, ao ver un monstro, comprenda perfectamente a mensaxe".

A campaña tamén vai a dirixida aos adultos, baixo a lema TEN COIDADO COA ESTRADA. Nela recoméndase "cruzar sempre polos pasos de peóns e antes de cruzar non deixar de mirar a ambos os dous lados, asegurarse antes de cruzar de que os condutores che viron; levar aos nenos colleitos da man para cruzar a estrada sempre polos pasos de peóns; non pasar entre os vehículos estacionados xa que a visibilidade é reducida tanto para peóns como para condutores"; e para os ciclistas, recomendan que antes de cruzar boten o pé a terra e asegúrense de que os condutores lles viron.

A que estaría xenial que esta medida se tomase tamén en Galicia?

lunes, 25 de octubre de 2010

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Como xa se está achegando a data, aquí tedes algunha información interesante para todas e todos que participen nesta experiencia.

domingo, 24 de octubre de 2010

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase en España o DÍA DA BIBLIOTECA, promovido pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil e apoiado polo Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. Esta iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.

A biblioteca escolar é un espazo educativo cheo de oportunidades para a formación persoal e académica e de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para facerse preguntas e atopar respostas, e para o desenvolvemento das competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social.


martes, 5 de octubre de 2010

5 DE OUTUBRO: DÍA DOS DOCENTES

No ano 1994, a UNESCO instaurou o 5 de outubro como o DÍA MUNDIAL DO DOCENTE. Segundo a UNESCO, o Día Mundial dos Docentes representa un signo significativo da concienciación, a comprensión e o aprecio despregados ante a contribución vital dos profesores en aras da educación e do desenvolvemento. A Internacional da Educación pensa firmemente que este Día dos Docentes debería ser internacionalmente recoñecido e celebrado en todo o mundo.
Pero temos que ter en conta diferentes datos que nos terían que facer reflexionar sobre a situación dos docentes no mundo.
En celebracións como as de hoxe, non nos podemos restrinxir ao localismo que, normalmente asumimos como realidade absoluta.
Os datos a analizar e sobre os que reflexionar son os seguintes:

* 99 países necesitan 1,9 millóns de mestres máis nas aulas para o ano 2015 para ofrecer educación primaria de calidade para todos.
* A metade dos mestres necesítanse no África subsahariana.
* No continente africano necesítase contratar 306 mil profesores ao ano para universalizar a educación primaria (cousa que na nosa contorna parece que sexa normal) e, para compensar o desgaste polo cal os docentes se xubilan ou abandonan (é moi duro exercer a docencia en determinados países), etc.



Habemos de mirar ao exterior, pero sen esquecer o que está a suceder nas aulas do noso país e, nos problemas educativos que nos estamos atopando. A celebración do día, como recoñecemento e para mirar as dificultades da nosa función, pode ser máis ou menos discutible, pero cada día do ano tería que ser o Día da Educación, e sentirnos orgullosos da nosa Educación (como docentes, alumnos, pais e, calquera outro elemento humano que forme parte do sistema educativo).

Os docentes adiantámonos ao noso tempo e reciclámonos cada ano. Os métodos antigos están en desuso e a inclusión das Novas Tecnoloxías na educación require de nós un esforzo para mudar a nosa metodoloxía e mellorar.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

22 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL SEN COCHE

Dentro da SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, hoxe celébrase o "DÍA MUNDIAL SEN COCHES", que ten como principal obxectivo potenciar o uso do transporte público como medio alternativo e concienciar aos cidadáns dos efectos que os automóbiles teñen sobre o medio ambiente.

Os ecoloxistas chaman a atención sobre as consecuencias que o uso do vehículo ten no medio ambiente. Segundo o Instituto de Aforro da Enerxía (IDAE), por cada litro de gasolina consumido, un coche emite 2,3 kg de dióxido de carbono (CO2); e por cada litro de gasóleo, un 2,6 kg de CO2. Por iso debemos concienciar á cidadanía sobre o feito de que a moderación no uso do coche evita a emisión de gases de efecto nocivo.

O uso da bicicleta, unha alternativa clave para o futuro da mobilidade urbana, ademais de non contaminar, é bo para a nosa saúde e fai das nosas cidades e pobos espazos máis sans e sustentables lugares onde pasear en familia non supoña avanzar en ringleira; onde os nenos poidan xogar nas rúas e non sexa necesario acompañalos cada día á escola porque percibimos o camiño como un perigo; onde ir en bicicleta sexa seguro e cómodo, sexan pequenos ou maiores quen a utilizan; onde podamos sentarnos nunha terraza e ler o xornal ou un libro sen respirar fumes de coches mentres os nenos xogan na rúa e onde se poida aparcar o coche rapidamente cando teñamos realmente que utilizalo.

martes, 14 de septiembre de 2010

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2010

Este ano tivemos a sorte de ser seleccionados para o programa de Inmersión lingüística que organiza o Ministerio de Educación e Cultura en colaboración coa Consellería de Educación de Galicia. Os afortunados serán 25 alumnas e alumnos que estean cursando sexto de primaria no presente curso. O noso centro compartirá campamento e experiencias con outro colexio da xeografía española usando como lingua o inglés.
As datas de celebración serán do 14 ó 20 de Novembro e o campamento será en Guijo de Ávila, Salamanca.

View Larger Map
Podedes botarlle un vistazo tamén á web do lugar onde se van a realizar as actividades se pinchades na seguinte imaxe.
Animámosvos a todos e a todas a participar nesta nova experiencia, lembrándovos que o derradeiro día para entregar as autorizacións será o vindeiro venres día 17.

CONDUCÍNDONOS POLA VIDA: EDUCACIÓN VIAL

Como sabedes, todos os anos adicamos o curso a un eixo transversal determinado e procuramos que a maioría das actividades, proxectos, festas, conmemoracións, saídas e actos en xeral que se realizan no cole teñan relación co mesmo. Lembrades canto traballamos o ano pasado na procura da mellora do medio ambiente? Pois este ano tócalle a quenda á EDUCACIÓN VIAL. Si, rapazas e rapaces, nais, pais, e comunidade educativa en xeral: Neste curso que comeza queremos fomentar no alumnado actitudes de conciencia cidadá e desenvolver hábitos encamiñados á creación do senso vial, así como actitudes de respeto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.


Para que a educación vial sexa unha realidade eficaz, precisa dunha presenza constante en todas e cada unha das fases de formación dos cidadáns dende os primeiros anos de vida, polo constante e forte protagonismo do tráfico na nosa sociedade. De aí a importancia da súa inclusión no currículo educativo. Se premedes nas imaxes que veñen de seguido poderedes acceder a máis información e na parte dereita do blog teredes acceso a webs de xogos interactivos relacionados coa Educación Vial.





viernes, 10 de septiembre de 2010

BOLETIN INFORMATIVO




Para ler mellor pincha na imaxe.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

XA ESTAMOS DE VOLTA!


O vindeiro día 10 DE SETEMBRO comezamos as clases en horario de 9 a 14h. Non vos esquezades, nenos e nenas, de vir con moitas ganas e dispostos a comezar unha nova e proveitosa andaina neste curso 2.010 - 2.011.
ESPERÁMOSVOS!


lunes, 9 de agosto de 2010

ATA O VINDEIRO CURSO!

Aquí vos deixamos as fotos das actividades que se fixeron no derradeiro día do curso. Mentres os titores reuníanse cos pais e nais do alumnado, este realizou unha ruta polos arredores do colexio acompañados dos mestres especialistas. Pasárono en grande e a mañá rematou coa entrega de premios e unha gran comilona da que todos puidemos disfrutar.
Agora toca descansar e disfrutar das vacacións pero pronto voltaremos ás aulas con moitísimas ganas de seguir aprendendo!


Justificar a ambos lados

AXEXO 2009-2010


XOGOS POPULARES 2010


Isto é un pequeno resumo do que deron de sí os xogos populares 2010.

BODY AND ACTIONS


Traballo feito polo alumnado de 2º en onde poñen en práctica algún do vocabulario empregado no curso 2009-2010.

viernes, 2 de julio de 2010

Galicia

What can you say in English about your community?

Listen to the students of the 3rd grade of our school.



miércoles, 30 de junio de 2010

XIV XORNADA DE CONVIVENCIA



GRAZAS PROFES, POR ESTAS MARAVILLOSAS ACTIVIDADES!!!!!

A IMAXINACIÓN A VOAR





Traballo literario feito polo alumnado do de 2º ó longo de varias sesións dun trimestre no que se traballou a imaxinación e a creatividade literaria. O traballo foi realizado polas dúas clases de segundo pero baixo segredo e sorpresa de cada clase ata a última semana do curso no que cada aula lle presentou o traballo sorpresa á outra.

DINAMIZACIÓN DA LECTURA: CONTA COMIGO

Neste curso, en Infantil, desenvolvéronse diversas actividades de dinamización da lectura, entre elas o noso “CONTA COMIGO”, no que cada semana nun día estipulado algún membro da familia do alumnado de 3 e 4 anos acudía á aula a contar un conto.



Resultou unha experiencia moi proveitosa e emotiva para os nenos e nenas e dende aquí queremos agradecer a colaboración que en todo momento recibimos por parte de pais, nais, irmáns, primos...
MOITÍSIMAS GRACIAS POR ACHEGARNOS AO MÁXICO MUNDO DOS CONTOS!

martes, 29 de junio de 2010

TURONIA 2010



A finais do mes de xuño os alumnos de 6º de P. Caselles, Barrantes e de Sobrada fixeron unha actividade de senderismo que denominamos Turonia na que coñecemos aspectos arqueolóxicos, botánicos, arquitectónicos e históricos do entorno.Nesta edición ademais no CEP Pedro Caselles achegáronnos coñecementos sobre astroloxía a través do seu planetario e da exposición do universo.

Este ano coa conmemoración dun ano xacobeo a ruta fíxose polo camiño de Santiago pero en sentido inverso de Tebra a Goián, o lugar por onde cruzaban moitos peregrinos portugueses na busca dun paso polo río Miño.

Pasamos a noite no CEP Pedro Caselles para o día seguinte continuar a ruta que nos levaría a Goián onde despedimos o Turonia 2010 facendo piragüismo.
Pinchando na palabra Turonia poderedes ver máis fotos da páxina web do CEP Pedro Caselles

lunes, 28 de junio de 2010

SAÍDA ÁS ILLAS CIES

O día 14 de xuño os nenos e nenas do 2º ciclo gozamos dunha saída ao Parque Natural das Illas Cíes , saímos en autobús dende o cole á estación de Guillarei para coller un tren que nos levaría á Estación de Vigo, dende alí collemos un bus urbano ao porto de Vigo onde embarcamos no "Pirata de Ons", barco que nos levaría ás Illas Cies. Alí fixemos unha ruta pola Illa , comemos e, como non, bañámonos e xogamos coa area.....pasamolo moi ben.

sábado, 26 de junio de 2010

MERGULLÁMONOS NA CIENCIA!



O pasado día 7 de Xuño tivemos a sorte de presenciar unha conferencia-taller sobre o mundo mariño realizada por persoal do CSIC. Todos os ciclos asistiron ás conferencias, que se levaron a cabo en catro aulas simultáneamente. No video podedes ver un resumo das moitas cousas que se aprenderon. (Non hai fotos do 3º ciclo por un problema de última hora coa cámara. Desculpas!)

viernes, 25 de junio de 2010

COIDAMOS AS PLANTAS

No terceiro trimestre de educación infantil, traballamos o proxecto "Coidamos as plantas", que xurdiu como consecuencia da creación da nosa horta escolar a da plantación que se levou a cabo a raíz da nosa participación no programa VOZ NATURA. Os nenos/as mostraron moitísimo interese en coñecer diversos tipos de plantas así como en participar nos seus coidados. Cada unha das aulas plantou diversos tipos de sementes que os nenos e nenas tiveron que coidar e regar diariamente. Este é un dos traballos que se fixeron:

Open publication - Free publishing

Ademáis nas clases de Inglés tamén se estudaron as plantas facendo fincapé no vocabulario. Canto aprenderon estes nen@s!

JON PUGA


O día 9 de Xuño recibimos a visita de JON PUGA, magnífico ilustrador vigués que estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na Escola de Debuxo Profesional de Madrid. Jon ensinou ao alumnado de 2º e 3º ciclo algúns trucos na arte do debuxo. Velaquí podemos ollar unha mostra da súa arte.

lunes, 21 de junio de 2010

XIII FESTIVAL





Aquí se pode ver un pequeno resumo en imaxes do que dou de sí o XIII Festival das Xornadas culturais do noso cole. Despois de tantas horas de ensaio e de traballo previo, hai que felicitar a todo o mundo polo éxito final.
PARABÉNS A TOD@S!!!

domingo, 20 de junio de 2010

VÍDEOS DO FESTIVAL: O CORAZÓN DO BOSQUE



Obra de teatro composta integramente polo alumnado do primeiro ciclo, coa axuda do seu profesorado. Os alumnos e alumnas convertéronse en autores e actores ó mesmo tempo.

VÍDEOS DO FESTIVAL: A COSTA DE GALICIA



Que mellor maneira que poñer o broche final do festival cun baile tradicional galego interpretado por Carlos Núñez. Alumnas e alumnos do terceiro ciclo amosáronnos as súas dotes na arte do baile galego.

VÍDEOS DO FESTIVAL: COIDÁMOLO MAR




Obra de teatro adaptada totalmente polo alumnado e profesorado do segundo ciclo. Máis ben poderíase categorizar como Musical, xa que a música e o baile estiveron moi presentes ó longo de toda a obra. Hai que destacar tamén que o propio alumnado tamén se ocupaba do son e das fotografías da obra.

VÍDEOS DO FESTIVAL: UNHA POZA AZUL


Este ano, os nen@s de infantil, prepararon unha actuación de TEATRO DE SOMBRAS para deleite de tod@s os que puidemos presenciala. Os nen@s de 5 anos mostraron unha habilidade para o manexo das sombras e a memorización dos textos que resultou abraiante. Os de 3 e 4 encargáronse de engadirlle o toque musical, que nunca debe faltar, e interpretaron varias cancións para presentar a cada personaxe da obra. Para @s que non puidéchedes disfrutar da súa actuación, aquí tedes a proba do artistas que poden chegar a ser nen@s tan pequenos!

VÍDEOS DO FESTIVAL: RECITAL DE POESÍA

Non podía faltar unha homenaxe a Uxío Novoneyra, polo que o alumnado do terceiro ciclo recitou unhas poesías do autor do Caurel, mentras se observaban unhas imaxes da súa terra. O ambiente creado foi incrible.

sábado, 19 de junio de 2010

PINTURA PRIMAVERAL



Traballo realizado polo alumnado do sexto curso, usando pastel, pigmentos e papel terapéutico. Tema: A primavera e as súas cores.

martes, 15 de junio de 2010

MANUEL UHÍA


Con motivo das Xornadas Culturais, recibimos a visita do ilustrador MANUEL UHÍA, quen nos ensinou técnicas moi útiles para transmitir emocións a través do debuxo. Os nenos e nenas participaron moito neste obradoiro como se pode ollar nas imaxes.

lunes, 14 de junio de 2010

APICULTURA

O 19 de maio abríronse as Xornadas Culturais do 2010 cunha degustación de mel e charla sobre a arte da apicultura.

ANXO FARIÑA



O pasado 26 de maio visitounos o escritor e ilustrador Anxo Fariña. Con el descubrimos novas técnicas de debuxo.

domingo, 13 de junio de 2010

DE VISITA Ó ZOO



O pasado 31 de maio o alumnado do primeiro ciclo realizou unha visita ó zoo de Vigo. Alí puideron ver distintas especies de animais e recoller información sobre o seu animal favorito.

martes, 8 de junio de 2010

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS por unha iniciativa canadense.
Os océanos cobren dúas terceiras partes da superficie da Terra, e a través das súas interaccións coa atmosfera, litosfera e a biosfera, xogan un papel relevante na conformación das condicións que fan posible as distintas formas de vida do planeta.
Ademais de servir como hábitat dunha vastísima colección de plantas e animais, os océanos proporcionan alimento, enerxía e múltiples recursos aos seres humanos.
En 1994, a comunidade internacional deu un paso moi importante para a protección dos océanos ao entrar en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre a Lei para os Océanos.
Unha das principais tarefas da campaña en favor da flora e a fauna mariñas é a preservación do atún, a quenlla, o peixe espada e as poboacións de merlín.
En 1997 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o ano 1998 como o Ano Internacional dos Océanos.
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR OS OCÉANOS?
- Reducir de forma significativa o tamaño das frotas industriais;
- Protexer os dereitos e medios de vida dos pescadores artesanais;
- Declarar unha rede global de áreas mariñas protexidas;
- Pór en marcha o Plan de Acción Internacional da FAO contra a pesca ilegal;
- Loitar contra os efectos do cambio climático;
- Acabar coa contaminación mariña;
- Garantir a responsabilidade ilimitada para as actividades industriais que causen danos ao o medio mariño;
- Protexer os ecosistemas costeiros.


lunes, 7 de junio de 2010

ESTREAMOS CARTEL DO COLE!

Mirade que chulada de cartel temos adornando a fachada do noso cole! Con este deseño tan espectacular que fixo a mestra Pili non podería haber un distintivo mellor do Ceip de Sobrada!


CIRCO DE PULGAS

Outro dos espectáculos que nos visitou nas Xornadas Culturais deste ano foi un CIRCO DE PULGAS. Parece incrible pero é certo: As pulgas pódense domar, mellor dito, convencer, porque neste circo non se maltrata a ninguén e de feito Sechu Carruselo, coñecido no mundo enteiro visitounos para probalo. Contounos a historia de tres pulgas: unha tiña medo ás alturas, outra ao público e a seguinte tíñalle medo ao lume. Para superar os seus medos decidiron ir ao circo e puidemos comprobar que o conseguiron, porque tanto mestr@s como alumn@s quedamos pasmados do que poden chegar a facer: equilibrismos sobre un arame, impulsarse cun canón e chegar ó centro dunha diana; saltar dende o alto do circo e caer dentro dunha bañeira.. IMPRESIONANTE!

domingo, 6 de junio de 2010

PREPARAMOS PIZZA!


Neste terceiro trimestre, unha das receitas que fixemos no taller de cociña foi a PIZZA. Quedamos encantados co resultado porque saíunos saborosísima!! Queredes probar a facela?

INGREDIENTES
Para a masa:
1 cunca de fariña
Medio sobre de lavadura
Un pouco de auga
3 culleradas de aceite
1 ovo
1 pizca de sal.
Para a pizza:
Salsa de tomate frito
Ourego
Pementa negra
Queixo
Pavo
Un sobre de queixo raiado
Tres lonchas de chourizo de Salamanca
Unha lata de atún
Aceitunas

viernes, 4 de junio de 2010

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política respecto diso.
Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis próspero e seguro.
Baixo a lema "Moitas especies. Un planeta. Un futuro", o evento deste ano celebrará a incrible diversidade de vida na Terra como parte do Ano Internacional da Biodiversidade 2010.
A sede deste ano é Ruanda, un país de excepcional biodiversidade que fixo grandes progresos en temas de protección ambiental, e liderará as celebracións con tres días de eventos de apertura.



Organizaranse tamén miles de actividades en todo o mundo desde Hong Kong a Abidján, con limpezas de praias, concertos, exposicións, festivais de cine, eventos comunitarios e moito máis.
Pola nosa parte, toda a comunidade educativa podemos contribuir á celebración deste día asistindo á FESTA DE VOZ NATURA mañá sábado, 5 de xuño, de once da mañá a oito da tarde, no parque de Acea de Ama (Culleredo – A Coruña). Esta é a gran cita do medioambiente en Galicia. Unha festa con entrada libre e gratuíta para todas as persoas que queiran gozar dunha xornada chea de actividades, xogos, deportes, exposicións e... dunha magnífica OBRA DE TEATRO sobre o mar dos nenos de 2º ciclo que xa representaron maxistralmente no festival do cole e que non debedes perdervos.
Vai ser todo un acontecemento! Animádevos a vir!

(Pincha no cartel para ter máis información sobre a festa de Voz Natura)

jueves, 3 de junio de 2010

TALLER DE BIODIVERSIDADE

Este taller levouse a cabo o día 21 de Maio con todo o alumnado do centro.
Desenroláronse diversas actividades relacionadas coa biodiversidade. Os nen@s viron unha película e despois traballouse acerca do que viron nela. Déronlles un dossier con fichas nas que tiveron que identificar árbores polas súas follas, animais polas súas pegadas, polo son que emiten, etc. Resultou moi interesante!



Nos derradeiros días do mes de Maio, coincidindo coas Letras Galegas, desenvolvéronse no noso cole as XORNADAS CULTURAIS . Todas as nenas e nenos participaron en diversos talleres e actividades educativas e lúdicas. Desfilaron polo noso centro contacontos e ilustradores, biólogos, apicultores e ata un domador de pulgas!
Estade moi atentos porque en breve subiremos ao blog as fotos que se fixeron en cada actividade.

martes, 1 de junio de 2010

TEATRO: "A PEDRA E A FORMIGA"

O pasado día 6 de Maio, o alumnado de Infantil, 1º e 2º ciclo, fomos a ver unha obra de teatro ao Auditorio de Goián titulada: "A pedra e a formiga". Aquí vos deixamos as fotos da saída:

Pasámolo en grande e ata a mestra dos nen@s de 3 anos, Rocío, amosounos as súas dotes como actriz.
Velaquí está a proba do ben que o fixo: