domingo, 24 de octubre de 2010

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase en España o DÍA DA BIBLIOTECA, promovido pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil e apoiado polo Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. Esta iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.

A biblioteca escolar é un espazo educativo cheo de oportunidades para a formación persoal e académica e de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para facerse preguntas e atopar respostas, e para o desenvolvemento das competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social.


No hay comentarios:

Publicar un comentario