viernes, 23 de diciembre de 2011

EXPOSICIÓN DE INVERNO 2011



Como xa vén sendo habitual, o noso alumnado coa colaboración das súas familias elaboraron estas marabillosas obras de arte adicadas á paz e á tolerancia. Cada vez estamos máis abraiados con estas construcións familiares.
Parabéns!!!!
Desexámoslles a tod@s unhas BOAS FESTAS e UN BO COMEZO DO NOVO ANO!!

BAILE MODERNO


O alumnado da actividade de baile moderno organizada pola ANPA do noso cole fíxonos unha demostración do que levan aprendido neste primeiro trimestre. Como se luciron estes xóvenes bailaríns...!!!
Marabilloso!!!

domingo, 18 de diciembre de 2011

POSTAIS DE NADAL GAÑADORAS

POSTAL GAÑADORA DE INFANTIL




POSTAL GAÑADORA DE 1º CICLO




POSTAL GAÑADORA DE 2º CICLO



POSTAL GAÑADORA DE 3º CICLO



Parabéns a tod@s!!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

1ª Receita: PANINIS

Neste curso, adicado a "Educación para a Paz e a Tolerancia", no Taller de Cociña de Infantil imos viaxar polos 5 continentes para coñecer diferentes culturas e as súas comidas típicas.
A nosa 1ª parada fixémola en Italia, que forma parte do noso continente (Europa), para elaborar uns riquísimos PANINIS.


viernes, 9 de diciembre de 2011

LIGA DE VOLEIBOL


Varios colexios do Baixo Miño acabamos de xogar na liga de voleibol que se celebrou no Ceip de Randufe.Participaron moitos equipos, as veces atopábamos amigos nosos noutro equipo o cal era moi divertido.
Xogamos unha chea de partidos e gustounos tanto que mesmo queremos continuar con outra liga no cole.Ó rematar houbo medallas para todos.
PASÁMOLO MOI BEN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

TALLER ERIC CARLE

TALLER DE PLÁSTICA from ceip sobrada on Vimeo.


Esta forma de crear é empregada polo ilustrador Eric Carle. As súas obras suelen estar protagonizadas por animais que nos dan leccións de boa convivencia.
O alumnado do 2º ciclo empregou esta técnica para recrear algúns dos animais que aparecen no conto de A Xoaniña Rosmona dentro da programación do taller de plástica.

AS BARREIRAS DA XENTE XORDA



Raquel e Chus cóntannos algunhas das barreiras que teñen que superar a xente con xordeira. Parece mentira que nos tempos nos que estamos ainda non se solucionasen algunhas destas barreiras. Escoitádeas ben e reflexionade.


LINGUA DE SIGNOS on PhotoPeach



Estas son algunhas das fotos da conferencia da lingua de signos que tivemos o pasado mes de novembro. Chus e Raquel agasalláronnos a tod@s cun marcapáxinas co noso nome na lingua de signos, e nòs tamén quixemos agradecerlles a súa boa vontade agasallándoas cun libro.

CROSS SALCEDA



O Concello de Salceda acolleo neste curso o zonal de campo a través, no que participaron centros da zona do Baixo Miño, nunha esplendida mañá na que nenos, familias e profesores, poidemos disfrutar dunha chea de carreiras nun circuito, que como podedes apreciar no vídeo foi un dos máis bonitos destes últimos anos.

O cole de Sobrada estivo presente nesta tradicional cita, acadando trofeo o equipo alevín masculino co 3º posto, e quedando de 4º o equipo das alevíns feminino. Tamén alegrounos moito ver como algúns exalumnos continúan participando co seu instituto ou clube.

NORABOA A TODOS E TODAS!!!

fotos agrudebam

domingo, 4 de diciembre de 2011

PREMIADOS NO CERTAME LITERARIO

Esta é a relación de participantes premiados no IX CERTAME LITERARIO do Ceip de Sobrada.
Os premios e diplomas entregaranse o día 21 de decembro.
Parabéns para o alumnado premiado!

ALUMNADO PREMIADO DO CEIP DE SOBRADA:


ALUMNADO PREMIADO DOS CENTROS PARTICIPANTES DO CONCELLO:

viernes, 2 de diciembre de 2011

A XOANIÑA ROSMONA


A XOANIÑA ROSMONA por ceipsobrada
Hai quince días contamos coa colaboración de Raquel e Chus, que participaron de propia vontade, para a representación do conto de "A Xoaniña Rosmona". Grazas a elas puidemos ver un conto contado en lingua de signos no que nos fixeron participar a tod@s.
Ademais ensináronnos a dicir o noso nome nesa lingua e tamén nos contaron algunhas das barreiras que sufre a xente xorda.
Estade atentos porque para a vindeira semana colgaremos algúns vídeos e fotos máis desta actividade.
MOITAS GRACIAS RAQUEL E CHUS!!!

jueves, 1 de diciembre de 2011

LINGUA DE SIGNOS

O alumnado do 2º ciclo dinnos os seus nomes na lingua de signos.
Que rápido aprenden estes rapaces!! Noraboa.


OS NOSOS NOMES por ceipsobrada

Os gatos cariñosos de Laura Lago



Gústanme os gatos porque son cariñosos aínda que sempre queren comer.