Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións curso 19-20. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións curso 19-20. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de noviembre de 2019

DÍA DO BO TRATO

Este luns 25 de novembro, coincidindo co DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, realizamos unha actividade que resultase significativa para o noso alumnado. Traballamos o vocabulario e as accións positivas cara aos demáis e cara a nós mesmas.
Fixémolo así, porque sabemos e queremos que toda a comunidade educativa comparta esta idea con nós: A MELLOR ACCIÓN É A PREVENCIÓN.
Os nosos nenos e nenas son o futuro e temos que ofrecerlles un mundo un pouco mellor para que eles e elas consigan cambialo. PALABRAS E ACCIÓNS.

 En 3º e 4º de primaria, levamos a cabo unha dinámica de cohesión da APRENDIZAXE COOPERATIVA chamada "MUNDO DE CORES". Consistíu en decatarnos da importancia que ten aceptar ás persoas tal e como son e non excluílas. Despois puidemos expresar os nosos sentimentos e falar das nosas relacións cos compañeiros e compañeiras, na familia...NA COMUNIDADE!

SEGUIMOS COA SEMANA DA CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA! TODO UN ÉXITO!

Estamos moi felices de comprobar como ao noso alumnado lle rechiflan os experimentos. Estes días, o recibidor do cole está a ser un fervedoiro de nenos e nenas que queren...FACER, MANIPULAR, OBSERVAR! PORQUE A EXPERIENCIA, O VIVIDO É A MELLOR DAS APRENDIZAXES!

Se o martes comezou a profe Mabel (E.I de 3 anos) cun experimento, do que podedes ver a entrada neste blog, onte, a encargada foi a profe Isa (2º de E.P). Alucinamos, porque fixo que un globo medrase soíño...Si, si, como o escoitades e informarvos de que esta mañá continuaba ben cheo!
O truco...Pois: bicarbonato e vinagre. Maxia, maxia!
Hoxe, as monitoras foron a profe Carolina (Audición e Linguaxe) e a profe Míriam (E.I de 4 anos).
Carolina fixo un experimento con xeo e sal, despois tivemos que pescar cun fío un cubiño de xeo. Moi curiosa foi a cousa!
Míriam ensinounos a facer unha lámpada de lava e tamén fixo maxia coas cores e o aceite. Precioso.
Bueno, mañá máis. Esperámosvos na entrada do colexio. Vémonos!

martes, 26 de noviembre de 2019

SEMANA DA CIENCIA

Estamos no "Mes da Ciencia en Galego".
Durante a última semana de novembro, na hora do recreo, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo diversos experimentos.
Hoxe, a profe Mabel (Ed.Infantil 3 anos), amosounos como romper a tensión superficial da auga. Foi...ALUCINANTE!