jueves, 30 de junio de 2022

RECOMPILATORIO DE ACTIVIDADES REALIZADAS AO LONGO DO CURSO

Aquí tedes un resumo en imaxes de todo o acontecido no noso colexio neste curso 2021-2022

 

FESTA DA AUGA

Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos todas e todos na Festa da Auga de fin de curso.

 

miércoles, 29 de junio de 2022

XORNADA DE CONVIVENCIA ANPA

 Tamén puidemos disfrutar dunha exhibición da actividade de Lingua de Signos.

omputer Works For You : https://bit.ly/money_crypto

Let Your Computer Works For You : https://bit.ly/money_crypto

XORNADA DE CONVIVENCIA ANPA

 Aquí podedes ver unha mostra da exhibición da actividade de patinaxe que fixeron no colexio.

martes, 28 de junio de 2022

VIDEO FINAL DE CURSO.

SESIÓN DJ EN SOBRADA

Antes de rematar o curso contamos co noso alumno DJ Anxo, en vivo e directo coa súa mesa de meclas fixo unha selección musical formidable e divertida. Imposible quedar parado!!!. Este DJ promete é todo un artista👏👏👏

FLASHMOB NO ÚLTIMO DÍA DE CLASE

Neste curso fixémonos uns expertos en compartir bailes pero preparados cada un pola súa conta. O resultado ó xuntarnos é moi divertido  e máis no último día de clase con tantas emocións, é unha boa despedida.👌

XOGOS POPULARES 2022

No último día do curso un ano máis o alumnado de sexto foi o encargado de organizar e de ensinar os xogos ós máis pequenos. Que ben o fixeron! xa que pasámolo a lo grande. Grazas pola vosa paciencia.

ATLETISMO EN PAVILLÓN

O xoves 16 de xuño o alumnado de 3º e 4º curso celebramos actividade de atletismo en pavillón por equipos. Contamos coa axuda dos compañeiros de 5º que colaboraron como xuices e axudantes de pista. 

As probas foron: 100m, multisaltos 30 en segundos, lanzamentos de vortex e balón, salto de lonxitude e carreiras de relevos.

A xornada transcurreu cun gran espititu deportivo e entusiasmo.

TURONIA 2022

 Despois dun parón de dous anos regresou o Turonia, tan ben acollido coma sempre. Mantiveronse todas as actividades salvo a da acampada pola noite por protocolos covid.

Durante dous intensos días os alumnos de 6º dos colexios de Barrantes, Caselles e Sobrada non paramos de percorrer os camiños de  Tomiño a pé e en bicicleta.

O primeiro día tocou unha ruta a pé por sendeiros preto do río Cereixo dende Pinzás ata Barrantes. Visitamos o centro de interpretación da auga en Pinzas, coñecemos as lendas de Grixó, aprendimos a orientarnos con mapas e a observar a flora e a fauna todo apoiado nas explicacións dos colaboradores, profesores e os caderniños.
En Gampuzada paramos a xantar e a facer a carreira de orientación para localizar as balizas.

O segundo día tocoulle o turno as bicicletas para cubrir unha ruta dende Ceip de Barrantes ata o embarcadoiro de Goián onde gozamos da experiencia de montar en piragüa grazas a axuda do club deportivo os Teixugos.

Esta mega actividade non poderia realizarse sen a axuda económica e persoal de  moitas persoas e entidades; agradecemos a ANPA de Sobrada que aportou a merenda dos dous días, as Comunidades de Montes pola súa aportación económica para a compra das camisetas ao concello de Tomiño, persoal de protección civil, ciclistas axudantes a María polo deseño das camisetas, profesores, pais e nais e tódalas persoas que fixeron posible un ano máis manter esta actividade única.

Ata o vindeiro ano!