Despois dun parón de dous anos regresou o Turonia, tan ben acollido coma sempre. Mantiveronse todas as actividades salvo a da acampada pola noite por protocolos covid.
Durante dous intensos días os alumnos de 6º dos colexios de Barrantes, Caselles e Sobrada non paramos de percorrer os camiños de Tomiño a pé e en bicicleta.
O segundo día tocoulle o turno as bicicletas para cubrir unha ruta dende Ceip de Barrantes ata o embarcadoiro de Goián onde gozamos da experiencia de montar en piragüa grazas a axuda do club deportivo os Teixugos.
Esta mega actividade non poderia realizarse sen a axuda económica e persoal de moitas persoas e entidades; agradecemos a ANPA de Sobrada que aportou a merenda dos dous días, as Comunidades de Montes pola súa aportación económica para a compra das camisetas ao concello de Tomiño, persoal de protección civil, ciclistas axudantes a María polo deseño das camisetas, profesores, pais e nais e tódalas persoas que fixeron posible un ano máis manter esta actividade única.
Ata o vindeiro ano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario