jueves, 22 de diciembre de 2022

POSTAL NADAL 2022

VISITA DE PAPÁ NOEL

 Neste último día antes das vacacións de Nadal recibimos unha das visitas mais agardas do ano: Papá Noel e os seus Elfos que fixeron un oco na súa axustada axenda para recoller todas as nosas cartas e falarnos un pouco do seu traballo nestas datas.




miércoles, 21 de diciembre de 2022

PLAN DIRECTOR DE CENTRO 2022

Hoxe tivemos a visita da Garda Civil de Tomiño que nos veu a falar sobre os riscos da navegación pola rede e aconsellarnos sobre como facer un uso seguro de Internet.

Actividade enmarcada dentro do Plan Director de Centro.

Estas charlas foron dirixidas ó alumnado de 5º e 6º de primaria, e proximamente serán ofertadas ás familias deste alumnado.

Encantados quedamos coa exposición que nos fixeron.

lunes, 19 de diciembre de 2022

EXPOSICIÓN DE INVERNO

Xa podemos contemplar os estupendos traballos que fixechedes nas vosas casas para a Exposición de Inverno.Se podedes, non hai nada como velas no cole, aquí vos deixamos esta mostra.

Moitas grazas e parabéns pola vosa participación.

                                     Felices Festas!!