miércoles, 22 de septiembre de 2010

22 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL SEN COCHE

Dentro da SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, hoxe celébrase o "DÍA MUNDIAL SEN COCHES", que ten como principal obxectivo potenciar o uso do transporte público como medio alternativo e concienciar aos cidadáns dos efectos que os automóbiles teñen sobre o medio ambiente.

Os ecoloxistas chaman a atención sobre as consecuencias que o uso do vehículo ten no medio ambiente. Segundo o Instituto de Aforro da Enerxía (IDAE), por cada litro de gasolina consumido, un coche emite 2,3 kg de dióxido de carbono (CO2); e por cada litro de gasóleo, un 2,6 kg de CO2. Por iso debemos concienciar á cidadanía sobre o feito de que a moderación no uso do coche evita a emisión de gases de efecto nocivo.

O uso da bicicleta, unha alternativa clave para o futuro da mobilidade urbana, ademais de non contaminar, é bo para a nosa saúde e fai das nosas cidades e pobos espazos máis sans e sustentables lugares onde pasear en familia non supoña avanzar en ringleira; onde os nenos poidan xogar nas rúas e non sexa necesario acompañalos cada día á escola porque percibimos o camiño como un perigo; onde ir en bicicleta sexa seguro e cómodo, sexan pequenos ou maiores quen a utilizan; onde podamos sentarnos nunha terraza e ler o xornal ou un libro sen respirar fumes de coches mentres os nenos xogan na rúa e onde se poida aparcar o coche rapidamente cando teñamos realmente que utilizalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario