O pasado luns 31 de xaneiro celebramos no cole o día da Paz, para conmemorar esta data tan importante todos colaboramos na creación dun mural aportando unha botella cunha mensaxe de paz.
Ademáis ocurríusenos bailar unha canción que nos fala de valorar o que temos, ser felices, agradecer, aceptar consellos...moitos valores moi importantes que non debemos esquecer para manter a paz tódolos días.
A canción é "Madre Tierra" de Chayanne que fomos aprendendo e gravando aos poucos para despois o día 31 xuntarnos todos no patio. Este foi o resultado...
Versión MADRE TIERRA todo o alumnado no patio do centro.
Versión MADRE TIERRA por aulas e en diferentes localizacións do centro, aquí deixamos os ensaios e preparación da coreografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario