jueves, 29 de septiembre de 2011

ADAPTACIÓN Á ESCOLA

No día de onte, todo o alumnado de 3 anos (11 nenos e 7 nenas) xuntouse por fin despois dun periodo de adaptación que durou case todo o mes de setembro. Foron uns días difíciles para algúns nenos e nenas, xa que o comezo da escola é un cambio moi grande para eles. Teñen que acostumarse á rutina e ás normas da escola, así como a convivir cos seus iguais e cos mestres e mestras que lles imparten clase.
Aquí vos deixamos este video para que vexades o que deu de sí este tempo de adaptación: coñecerse, falar, pintar, xogar, bailar, aprender a ir en fila, a sentarse correctamente na cadeira da aula, a compartir o material, e moitas cousas máis pero a principal: vir contentos ao colexio!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario