O noso centro foi galardoado o pasado 31 de maio no II certame "O museo de Pontevedra en curtametraxes" co 2º premio na categoría infantil, na que se recoñeceron os mellores traballos presentados por toda a provincia.
O noso alumnado amosou a súa particular visión do patrimonio cultural exposto no Sexto Edificio , no Edificio Sarmiento e nas Ruinas de San Domingos.
A curtametraxe vai narrando, a través dunha conversa entre dúas nenas do colexio, algúns dos grandes artistas tomiñenses ( moitos deles con obra no propio museo).
O produto final está feito integramente polo alumnado de 5º, empregando as ferramentas dixitais de software libre proporcionadas polos ordenadores do programa abalar, despois dun intenso traballo de búsqueda de información, e concreción do guión final, a realizar polo propio alumnado nos seus grupos cooperativos, realizados no tempo de talleres semanais dos que dispón o centro.
Hai que agradecerlle á fundación Xavier Pousa o emprego de imaxes que cederon para tal produción.
Noraboa rapazas e rapaces de 5º!!!
Para máis información pincha AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario