domingo, 23 de junio de 2019

TURONIA 2019

E un ano máis... chegou o Turonia! Esa actividade que nos permite convivir con nenos doutros centros; que nos convida a axudar, a aprender, a observar e pensar dun xeito diferente, desfrutando do noso entorno. E coma vimos facendo noutras edicións, as protagonistas seguen a ser as rutas a pé e en bicicleta, a través das que imos descubrindo e valorando toda esa riqueza que agocha o noso concello. 

Detrás deste proxecto atopamos a vontade e dedicación de moitas persoas e entidades ás que nos mostramos moi agradecidos: profesorado, expertos en distintas materias (Jesús, Jose, María, Alfonso...) cociñeiros, Concello de Tomiño , Anpas, Comunidades de montes, Protección Civil, panadería Currás, bar la Picadita, fiambres Argal y Tamuche e Auga Disgobe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario