O curso
de 4º de primaria na área de inglés participou nun proxecto etwinning en
colaboración con outros centros escolares europeos chamado “Tongue-Twisters
- European Day of Languages”. En concreto os países participantes foron
Croacia, Polonia e España.
O obxectivo principal foi a celebración do Día Europeo dos
Idiomas, onde o alumnado intercambiou diversos trabalinguas en inglés e tamén
nas súas linguas de orixe (español, galego, croata, polaco), fomentando a
interculturalidade e enrequecemento lingüístico, poñendo en valor e defendendo
todas as linguas que falamos.
Elaboraron dous vídeos, un de presentación dos equipos cooperativos de traballo diario, e outro no que recitan uns trabalinguas en inglés, castelán e galego.
INTRODUCE YOUR TEAM
TONGUE-TWISTERS
No hay comentarios:
Publicar un comentario