lunes, 29 de abril de 2019
DEIXANDO PEGADA: PINTURA MURAL DO ALUMNADO DE 6º E.P
Dende fai algúns cursos, os nenos e nenas que marchan da nosa escola para continuar a súa andaina no instituto, pintan un mural para deixar unha lembranza no seu colexio. Con pintura ou sen ela sempre terán un espazo entre nós e as portas abertas.
Neste curso continuamos coa actividade, coa novidade de deseñar dende o principio o que ímos pintar no muro da pista deportiva.
Por este motivo o pasado día 23 de abril, Basilio Calzado (pintor de Tomiño), conversou co alumnado de sexto para achegar os seus coñecementos e escoitar aos nosos nenos e nenas, para que o deseño final leve o máis posible as súas ideas, inquedanzas e personalidade.
Volverá para estar con nós dentro dun mes e así amosarlle as nosas ideas.Basilio é unha persoa xenerosa e implicada coa educación e formación cidadá.
Despois desta segunda visita, no mes de xuño nos veredes mans á obra, fronte ao colexio. Vai ser moi emocionante!
Mentras tanto, aquí tedes o vídeo coa intervención do curso pasado e unha imaxe da visita deste curso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Noraboa pola iniciativa, é un fermoso recordo para os nenos e nenas e un modo de coñecer a un artista da nosa contorna, que seguro lles axudará moito nos seus deseños.
ResponderEliminar