Hoxe conmemoramos O DÍA DA MULLER coa confección por parte de todo o alumnado duns marcapáxinas alusivos a Mulleres que fixeron historia relacionadas co Proxecto Documental Integrado do centro: A Auga. Mulleres como Tamara Echegoyen (regatista), Teresa Portela (piragüista), ou Anxeles Alvariño (científica e bióloga mariña) entre outras.
martes, 8 de marzo de 2022
8 DE MARZO DÍA DA MULLER
Hoxe conmemoramos O DÍA DA MULLER coa confección por parte de todo o alumnado duns marcapáxinas alusivos a Mulleres que fixeron historia relacionadas co Proxecto Documental Integrado do centro: A Auga. Mulleres como Tamara Echegoyen (regatista), Teresa Portela (piragüista), ou Anxeles Alvariño (científica e bióloga mariña) entre outras.
lunes, 7 de marzo de 2022
DESFILE DE ENTROIDO
O pasado venres 4 de marzo o espirito do Entroido invadiu tódolos rincóns do cole de Sobrada, xa estaba todo listo! traxes, perrucas, pinturas. .. e moitas emocións, comenzaba o día máis esperado, este ano con máis precaución celebrámolo por todo o alto. Desfilamos moi animados pola musica de Suso o gaiteiro papá dun alumno e polos aplausos das familias que non pararon de alavar os nosos disfraces. Este ano quixemos facer unha homenaxe a un dos recursos mais prezados que nos regala a natureza: A AUGA!
DESFILE E ACTUACIÓNS COMPARSAS.
E INFANTIL: Os mergulladores de infantil dispostos a facernos descubrir os grandes tesouros que se agochan baixo o mar.
MIRADE, MIRADE...
1º CICLO: Dende o fondo do mar, chegan contentos os peixiños que non paran de nadar. Mergullate con moito ritmo.
2º CICLO: As Pipis e os PiPis persoas aventureiras, valentes, imaxinativas, exploradoras e comprometidas.
3º CICLO: O Entroido é mais ca un sentimento e o terceiro ciclo o sabe!.
Aqui veñen os muiñeiros e muiñeiras da Faia, Puntillón, Carboral...poucos aproveitan tan ben a auga como fonte de enerxia.
Este ano coas restricións sanitarias non fixemos a merendola de entroido no patio. A Anpa do cole quixo manter esta tradición e adaptouse as novas circunstancias e levounos polas clases postres típicos de entroido, riquisimos!, moitas grazas pola vosa axuda😌
Nos vindeiros días continuaremos publicando imáxes e vídeos do desfile.
miércoles, 23 de febrero de 2022
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe 23 de abril non quixemos pasar por alto esta data tan significativa, xa que se cumpre o 185 aniversario do nacemento da escritora máis representativa de Galicia pola súa defensa da lingua galega.
Para fomentar o coñecemento e agarimo por Rosalía, entre outras actividades todos os nenos e nenas chegamos esta mañá ó cole cunha careta de Rosalía, ademais decoramos os corredores do colexio con murais de Rosalía e escribimos poemas, frases e palabras que mais nos lembran a esta gran poetisa.
martes, 22 de febrero de 2022
lunes, 21 de febrero de 2022
domingo, 20 de febrero de 2022
ORDE DO MECO PARA O LÚNS
Estreamos Meco!!! o Entroido ábrese paso en Sobrada, esta semana é un anticipo do que aveciña... xa nos estamos preparando!!, prestade atención as ordes do Meco se o queredes ter contento.
Para este lúns o Meco ordea vir deste xeito:
miércoles, 2 de febrero de 2022
CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ
Ademáis ocurríusenos bailar unha canción que nos fala de valorar o que temos, ser felices, agradecer, aceptar consellos...moitos valores moi importantes que non debemos esquecer para manter a paz tódolos días.
A canción é "Madre Tierra" de Chayanne que fomos aprendendo e gravando aos poucos para despois o día 31 xuntarnos todos no patio. Este foi o resultado...
Versión MADRE TIERRA todo o alumnado no patio do centro.
martes, 21 de diciembre de 2021
POSTAL NADAL. FELICITACIÓN
Estas foron as postais gañadoras do tradicional concurso no que participa todo o alumnado. Noraboa polas vosas xeniais ideas e creatividade.
BO NADAL!
VISITA PAPÁ NOEL
Hoxe no cole recibimos a ilusionante e máxica visita de Papá Noel e os seus elfos. Todos estabamos moi emocionados!, tróuxonos algunhas novas da súa longa viaxe e animounos moito a continuar sendo bos rapaces. Escoitamos os seus sabios consellos e lle entregamos a carta que estivemos escribindo estes últimos días de cole. Despois de estar un tempo connosco despediuse co alegre Jo Jo Jo e marchou, xa que estes días ten moitísimo traballo.
Ata pronto Papá Noel!!
lunes, 20 de diciembre de 2021
EXPOSICIÓN DE INVERNO
Este é o resultado das maquetas da exposición de inverno realizadas polas familias e o alumnado do noso centro.
Agradecemos o esforzo e creatividade amosada!
Moitas grazas!
ÁRBORE DE INVERNO
Visita a noa entrada do colexio decorada por todos os cursos e ambientada na estación do inverno.
DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL
O pasado 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade funcional.
Este foi o resultado da actividade proposta polo Departamento de Orientación do centro.
Obxectovo: Poñer en valor a diversidade das persoas e a riqueza que isto ten, así como a inclusión de todas e todos.



lunes, 29 de noviembre de 2021
CROSS ESCOLAR. XOGADE 1º TRIMESTRE.
CARREIRA 5º CURSO
Nesta páxina poderedes atopar información de todo o deporte que se está a facer nos colexios do Baixo Miño, clasificacións, actividades...
https://www.agrudebam.es/

