O pasado venres 4 de marzo o espirito do Entroido invadiu tódolos rincóns do cole de Sobrada, xa estaba todo listo! traxes, perrucas, pinturas. .. e moitas emocións, comenzaba o día máis esperado, este ano con máis precaución celebrámolo por todo o alto. Desfilamos moi animados pola musica de Suso o gaiteiro papá dun alumno e polos aplausos das familias que non pararon de alavar os nosos disfraces. Este ano quixemos facer unha homenaxe a un dos recursos mais prezados que nos regala a natureza: A AUGA!
DESFILE E ACTUACIÓNS COMPARSAS.
E INFANTIL: Os mergulladores de infantil dispostos a facernos descubrir os grandes tesouros que se agochan baixo o mar.
MIRADE, MIRADE...
1º CICLO: Dende o fondo do mar, chegan contentos os peixiños que non paran de nadar. Mergullate con moito ritmo.
2º CICLO: As Pipis e os PiPis persoas aventureiras, valentes, imaxinativas, exploradoras e comprometidas.
3º CICLO: O Entroido é mais ca un sentimento e o terceiro ciclo o sabe!.
Aqui veñen os muiñeiros e muiñeiras da Faia, Puntillón, Carboral...poucos aproveitan tan ben a auga como fonte de enerxia.
Este ano coas restricións sanitarias non fixemos a merendola de entroido no patio. A Anpa do cole quixo manter esta tradición e adaptouse as novas circunstancias e levounos polas clases postres típicos de entroido, riquisimos!, moitas grazas pola vosa axuda😌
Nos vindeiros días continuaremos publicando imáxes e vídeos do desfile.
No hay comentarios:
Publicar un comentario