miércoles, 31 de octubre de 2012

FELIZ DÍA DE SAMAÍN

Samain é a festividade de orixe Celta na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro se celebraba o final da tempada das colleitas na cultura celta e era considerada como o Ano Novo Celta, que comezaba coa estación escura.  


Foi practicada desde fai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa.


Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata hai menos de trinta anos. O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro CALIVERAS DE MELÓN de melón (caveiras de melón) e noutra de posterior aparición, empezou aínda agora a chamar a atención dos antropólogos.


Hoxe en día empezase a celebrar o halloween, Samaín (adaptación ao galego da palabra gaélica) nalgunhas das cidades e pobos de Galicia.


Na vila ourensana de Ribadavia celébrase cada 31 de outubro a festa de A Noite Meiga (a noite enmeigada) na que a cidade se enche de fantasmas, bruxas, vampiros... e o castelo de Ribadavia é o grande escenario da pasaxe do terror, entre outras actividades.






No hay comentarios:

Publicar un comentario