martes, 16 de octubre de 2012

16 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, celebramos o DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN. A finalidade deste día, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), é a de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer  a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O día coincide coa data da fundación da en 1945. A alimentación é un requisito para a supervivencia e o benestar da humanidade e unha necesidade humana fundamental.


No hay comentarios:

Publicar un comentario