martes, 21 de junio de 2011

TURONIA 2011

Esta actividade de carácter cultural, físico e de convivencia desenvólvese no entorno do noso concello onde o alumnado de 6º en convivencia con nenos e nenas de 6º dos colexios de Pedro Caselles, Barrantes e Tebra, fixeron unha ruta de senderismo na que poideron apreciar diversas manifestacións culturais así como poñer en práctica coñecementos e apreciar a natureza.

Tamén fixemos unha acampada no pavillón do Ceip de Barrantes, alí pasamos a noite, xogamos, observamos as estrelas e dormir.. dormimos un chisco. Ó día seguinte esperábanos un largo camiño ata chegar o mais esperado, o paseo en piragua.
Despedimos o Turonia cansos pero cunha sensación agradable de convivencia, e de ter a oportunidade de vivilo.

O alumnado do cole preparou este vídeo, onde se aprecia o ben que o pasamos. hai algúns fallos motivados polas presas de fin de curso, discupade e disfrutádeo.



turonia 2011 from ceip sobrada on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario