miércoles, 22 de junio de 2011

5ª receita: BISCOITO DE LARANXA E CHOCOLATE

Para celebrar o remate do taller de cociña durante este curso, decimos facer un BISCOITO moi rico no que empleamos os seguintes ingredientes: azucre, aceite, zume de laranxa, fariña, levadura e chocolate.





Mesturamos 9 culleradas de azucre con outras 9 de aceite nun bol grande, engadimos 2 vasos de zume de laranxa e outros 2 de fariña e por último 2 sobres de levadura. Mesturamos todo moi ben coa axuda dunha varilla. A continuación, engraxamos cun pouco de aceite un molde para forno, incorporamos a mestura e botamos perlitas de chocolate. E para rematar, precalentamos o forno a 180º durante uns 10 minutos e enfornamos o biscoito uns 20-30 minutos (depende do forno).

No hay comentarios:

Publicar un comentario