miércoles, 4 de mayo de 2011

SOMOS FINALISTAS NOS PREMIOS EDUBLOGS!

Onte déuse a coñecer a lista dos blogs finalistas do V PREMIO EDUBLOGS 2011 e o BLOG DO CEIP DE SOBRADA atópase entre eles! Foi seleccionado na categoría de mellores BLOGS DE CENTRO. Chegar ata aquí, despois da cantidade de blogs de colexios de toda España que optan a estos premios é todo un logro e un recoñecemento para toda a comunidade educativa. Familias, profesorado e, sobre todo, alumnado, estamos de noraboa!
O blog non tería sentido sen as vosas visitas e comentarios, por iso, dende aquí queremos agradecelas unha vez máis e animarvos a que sigades estando informados de todas as actividades que se levan a cabo no cole a través desta bitácora e outras ás que tedes acceso dende aquí, coma o blog de Voz Natura, o blog da biblioteca do centro, ou a páxina web. Se pinchades na imaxe poderedes acceder á listaxe dos blogs dos finalistas por categorías e na a parte dereita do blog deixámosvos ademáis os enlaces aos outros nove blogs de centro de toda España que, coma nós, son finalistas.
Agora toca esperar ao día 15 de Maio, data na que se publicarán os tres blogs premiados de entre os 10 que fomos seleccionados.
NORABOA A TODOS OS FINALISTAS!

1 comentario: