lunes, 26 de abril de 2010

26 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN CONTRA O RUÍDO

Hoxe, 26 de Abril, celebramos en todo o mundo o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN CONTRA O RUÍDO. Así que fagamos un pouco de silencio e teñamos en conta as molestias que poderiamos causarlle aos nosos veciños e a nós mesmos.
Este día foi instaurado pola liga para o Deficiente Auditivo, en Nova York. O obxectivo é informar e sensibilizar sobre os efectos do ruído na audición, a saúde e a calidade de vida.
As consecuencias que a contaminación acústica provoca na saúde reflíctense tanto a nivel fisiológico como psicolóxico e os efectos destes poden levar á persoa que o padece a sufrir tensión, diminución do rendemento laboral ou alteracións do soño.
Outro dos efectos psicolóxicos da contaminación acústica é a perda de atención, concentración e rendemento. En certos casos as consecuencias será duradeira, por exemplo, os nenos sometidos a altos niveis de ruído durante a súa idade escolar non só aprenden a ler con maior dificultade senón que tamén tenden a alcanzar graos inferiores de dominio da lectura.
Para contrarrestar un ruído excesivo, hai métodos activos e pasivos, e en efecto estes últimos son os máis empregados. As persoas tentan insonorizar as súas vivendas con pantallas acústicas, materiais porosos, soportes antivibratorios, etc.
En calquera caso, nós, podemos contribuír a que diminúa a contaminación acústica. Iso significa evitar producir ruído, por unha banda, pero tamén ser capaces de chamar a atención a quen o provoque de forma innecesaria e excesiva. Hai moitos ruídos que se poderían evitar: golpes fortes de portas, música alta en casa, televisores a todo volume, falar mentres explica o/a mestre/a...

No hay comentarios:

Publicar un comentario