sábado, 3 de abril de 2010

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O 2 de Abril conmemórase por terceiro ano consecutivo o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO. Calcúlase que en España unha de cada 150 persoas sofre algún Trastorno do Espectro Autista (TEA). Exprésase de distinta maneira e en distinto grao, por iso en ocasións é moi dificil detectala.
Trátase dunha desorde do desenvolvemento do cerebro, de orixe neurobiolóxico, que deteriora a comunicación e interación social da persoa.
Adóitase identificar durante os 3 primeiros anos de vida e preséntase de moi distintas formas: illamento social, alteracións das habilidades de comunicación verbal e non verbal, desinterese, problemas para afrontar cambios ou a mostra de poucas emocións.
Os expertos afirman que se ten unha idea equivocada do autismo. Crese que son nenos que viven noutro mundo, illados e que non teñen afectividad, pero con traballo comprobouse que son persoas moi receptivas. NON É QUE VIVAN NOUTRO MUNDO, SENÓN QUE TEÑEN DIFICULTADES PARA ENTENDER ESTE.



Dende hai 20 anos as asociacións dedicadas a esta enfermidade, a maioría creadas a partir de familiares e voluntarios, traballan para mellorar a calidade de vida destas persoas.
Blogs que non debedes deixar de visitar:

No hay comentarios:

Publicar un comentario