martes, 7 de abril de 2015
lunes, 23 de marzo de 2015
martes, 10 de marzo de 2015
DINAMIZACION DEPORTIVA EN RANDUFE
O pasado 4 de marzo os nenos e nenas de 4º e 5º desprazamonos ata Radufe para celebrar unha xornada de dinamización deportiva, xogamos a balonman, voleivol, baloncesto, fútbol e bádminton.Nos, os de cuarto sudamos para gañar en fúbol e en bádminton e contentounos moitisimo, os de quinto só perderon en fútbol.
Encatounos esta experiencia porque é divertida,coñocemos a outros nenos e nenas e aprendemos a xogar.Gustaríanos repetir neste curso,a ver se temos sorte e nos toca.
martes, 3 de marzo de 2015
O TEMPO DE OCIO E LECER
Durante o primeiro trimestre deste curso, nos talleres "O TESOURO DA INFORMACIÓN" e "O PRACER DE MIRAR E DE CREAR", os nenos e nenas levaron a cabo un proxecto relacionado co tema transversal da escola neste ano académico "O TEMPO DE OCIO E DE LECER".
Buscaron información sobre cales eran os entretenementos antes e agora, nas vilas e nas cidaes, as coleccións, os xogos, os parques, os lugares de reunión...
Bueno, o mellor é que vexades este video con imaxes de todo o proceso e os resultados.
Tamén podedes visitar a nosa exposición no primeiro andar do colexio, ou pedirnos que vos demos unha conferencia sobre o aprendido!
Esperamos que vos guste.
Etiquetas:
Normalización,
Talleres
sábado, 28 de febrero de 2015
ADMISIÓN DE ALUMNADO 2015-2016
Postos escolares ofertados
CURSO
|
PRAZAS OFERTADAS
|
4º Educación Infantil
|
22 prazas + 3 alumnado con
necesidade específica de apoio educativo.
|
5º Educación Infantil
|
13 prazas
|
6º Educación Infantil
|
15 prazas
|
1º Educación Primaria
|
5 prazas + 3 alumnado con necesidade
específica de apoio educativo.
|
2º Educación Primaria
|
16 prazas
|
3º Educación Primaria
|
5 prazas
|
4º Educación Primaria
|
23 prazas
|
5º Educación Primaria
|
19 prazas
|
6º Educación Primaria
|
23 prazas
|
-
Prazo de presentación de solicitudes
de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 2-23 de marzo
Cada alumno/a só pode presentar unha
única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O
incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que
poidan corresponderlle.
O alumnado que teña garantía de
permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto
deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun
centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a
renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de
admisión.
-
Prazo de presentación de documentación
xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 25 de
marzo ao 7 de abril
-
Publicación listados provisionais de alumnado admitido e
non admitido: Antes do 25 de abril.
-
Publicación listados definitivos de alumnado admitido e
non admitido: Antes do 15 de maio.
-
Prazo de formalización de matrícula: 20-30
xuño.
Centros
adscritos: C.R.A. de
Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro
ao que estamos adscritos:
I.E.S. de Tomiño
Área
de influencia do centro: Etapa
de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria
(Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)
Servizo
complementario: Transporte
escolar.
Etiquetas:
CURSO 2014-2015,
Informacións
lunes, 23 de febrero de 2015
CARREIRA SOLIDARIA CEIP DE SOBRADA
O CEIP de Sobrada conmemora o Día
da Paz cunhas Carreiras Solidarias
No pasado 5 de febreiro o CEIP de Sobrada
organizou unhas Carreiras Solidarias, en colaboración coa ONG Save the Children,
O lema neste ano era : Corremos xuntos para
combater a fame, polos dereitos das crianzas de Malí.
Os
nenos e nenas buscaron patrocinadores que se ofreceron a darlle “x”cartos
por voltas a un circuito determinado, unha vez rematada a carreira ensínanlle
aos patrocinadores un carné coas voltas dadas.
Na escola recollemos o diñeiro e facémosllo
chegar a Save The Children.
Todo este esforzo solidario converterase en
suplementos alimenticios e recursos para as familias dos nenos e nenas de Malí
ata que cheguen as próximas colleitas,
tamén en vacinas e medicamentos.
Queremos agradecer aos patrocinadores porque
grazas a eles recadamos máis de 950€, e, con todo isto, pretendemos lembrar aos adultos que todas as
crianzas do mundo teñen os mesmos dereitos e que a nosa obriga como adultos é
facer que se respecten, evitando a fame, a pobreza e a guerra.
XORNADA DE DINAMIZACION CEIP DE TEBRA-CEIP DE SOBRADA
Xa comenzaron as agardadas xornadas de dinamización deportiva entre centros da zona do Baixo Miño!!!
Desta vez os primeiros foron os afortunados alumnos de 4º e 6º que xogaron cos compañeiros do CEIP de Tebra. Unha intensa mañá na que houbo oportunidade de gañar e de cando en vez, perder partidos e tamén como non, convivir con outros nenos e nenas.
domingo, 8 de febrero de 2015
CHEGOU O MECO A SOBRADA!
Como cada ano, por estas datas de Entroido, chegou o Meco ao noso colexio e, como non, con esixencias!
Para o luns día 9 de febreiro mándanos vir cunha prenda que non sexa da nosa talla.
Para o luns día 9 de febreiro mándanos vir cunha prenda que non sexa da nosa talla.
Así que, xa sabedes, a buscar nos armarios algo que poida contentar a este Meco caprichoso!!
lunes, 22 de diciembre de 2014
EXPOSICIÓN DE INVERNO 2014
EXPOSICIÓN DE INVERNO 2014 from ceip sobrada on Vimeo.
Xa estamos de vacacións, datas nas que gozar do tempo libre e de lecer desexando que que todos o aproveitemos moito e ben, deixamos neste video unha chea de ideas! Son todas vosas, outro ano máis a vosa participación fixo posible a exposición de inverno.
Moitas grazas e Bo Nadal!
Etiquetas:
1º ciclo,
2º ciclo,
3º ciclo,
Conmemoracións 2014,
Infantil
viernes, 12 de diciembre de 2014
EXPOSICIÓN DE INVERNO
Atención familias!!!!!!! Xa podedes visitar a exposición de inverno, este ano relacionada co tempo de lecer.
Dende o luns, a partir das 13.15h, abrirase a aula antiga de Educación Infantil para que poidades visitala.
Agardamos a vosa visita!!! =)
jueves, 13 de noviembre de 2014
viernes, 31 de octubre de 2014
HALLOWEEN HISTORY
HALLOWEEN HISTORY from csobrada on Vimeo.
O alumnado de 5º cóntannos un pouquiño sobre a festividade de Halloween.
Very good job, kids!!!
HALLOWEEN JOKES
HALLOWEEN JOKES from ceip sobrada on Vimeo.
Alumnado de 4º cóntannos algúns chistes relacionados coas persoaxes de Halloween.
Good job, kids!!!
jueves, 30 de octubre de 2014
HALLOWEEN KIDS
HALLOWEEN KIDS from ceip sobrada on Vimeo.
Aquí temos un vídeo protagonizado polo alumnado de 4º no que nos contan o que soen facer os nen@s en Halloween.
Congratulations, kids!!!
martes, 28 de octubre de 2014
VOLVEN AS SEMENTES LECTORAS
Lembrade que este xoves 30 de outubro comezan as sesións de contacontos das Sementes Lectoras na nosa biblioteca. Desta vez é con motivo do Día das Bibliotecas Escolares que se celebraron o pasado venres.
Podedes consultar a temática e o horario no BLOG DA BIBLIOTECA E DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA do noso centro.
Agardámosvos!!!
Podedes consultar a temática e o horario no BLOG DA BIBLIOTECA E DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA do noso centro.
Agardámosvos!!!
Etiquetas:
biblioteca,
Informacións
lunes, 27 de octubre de 2014
CALENDARIO
DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
·
Luns 27
outubro:
o
Comunicado
inicio proceso/taboleiro
·
Martes 28
outubro:
o
ás 16:00h
Elección por sorteo da xunta electoral e posterior comunicado á familia.
o
Envío de
citacións para a constitución da xunta electoral
·
Martes 4
novembro:
o
Constitución
Xunta electoral ás 16:30h/Aprobación do calendario
o
Expoñer censo familias
o
Cartel tabolerio comunicado do proceso e resultado
do sorteo da xunta electoral.
o
Comunicado da xunta electoral con toda a
información
·
Venres 7
novembro:
o
Envio impreso candidatura ás familias
·
Luns 10
novembro:
o
Envío convocatoria para a celebración da 2º
reunión da Xunta E
·
Luns 17
novembro :
o
Reunión Xunta electoral:
§ Reclamación
ao censo, aprobación e modelos papeletas, sobres,…
§ Proclamar
candidaturas
§ Sorteo
mesa electoral
o
Comezo das distintas campañas electorais.
·
Martes 18
novembro:
o
Envio ás familias que sairon no sorteo para a mesa
electoral./Taboleiro.
o
Convocatoria do Claustro extraordinario para o 25(información
ao claustro ás 17:00h)
o
Circular ás familias anunciando ás candidaturas do
sector/Taboleiro.
o
Convocatoria da xunta electoral para o xoves 20
·
Xoves 20
novembro:
o
Resolver
reclamacións ás candidaturas (Xunta Electoral)
·
Viernes
21 novembro:
o
Envio das papeletas para votar as familias
·
Luns 24
novembro:
o
Recordar a votación para o martes 25
·
Martes 25
novembro: Votacións
·
Mércores
26 novembro:
o
Xunta Electoral ás 16:00h para:
§ Proclamar
candidatos
§ Elaborar
nota informativa
§ Convocatoria
do Consello escolar para o 2 de decembro
§ Traslado
das actas ao titular da delegación.
·
Día 2 de
decembro:
o
Constitución do Consello Escolar
§ Comisión
económica
§ Comisión
de Convivencia
·
Antes do
20 de decembro:
o
Envío á xefatura territorial do formulario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)
.jpg)




