O CEIP de Sobrada conmemora o Día
da Paz cunhas Carreiras Solidarias
No pasado 5 de febreiro o CEIP de Sobrada
organizou unhas Carreiras Solidarias, en colaboración coa ONG Save the Children,
O lema neste ano era : Corremos xuntos para
combater a fame, polos dereitos das crianzas de Malí.
Os
nenos e nenas buscaron patrocinadores que se ofreceron a darlle “x”cartos
por voltas a un circuito determinado, unha vez rematada a carreira ensínanlle
aos patrocinadores un carné coas voltas dadas.
Na escola recollemos o diñeiro e facémosllo
chegar a Save The Children.
Todo este esforzo solidario converterase en
suplementos alimenticios e recursos para as familias dos nenos e nenas de Malí
ata que cheguen as próximas colleitas,
tamén en vacinas e medicamentos.
Queremos agradecer aos patrocinadores porque
grazas a eles recadamos máis de 950€, e, con todo isto, pretendemos lembrar aos adultos que todas as
crianzas do mundo teñen os mesmos dereitos e que a nosa obriga como adultos é
facer que se respecten, evitando a fame, a pobreza e a guerra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario