jueves, 29 de septiembre de 2011

ADAPTACIÓN Á ESCOLA

No día de onte, todo o alumnado de 3 anos (11 nenos e 7 nenas) xuntouse por fin despois dun periodo de adaptación que durou case todo o mes de setembro. Foron uns días difíciles para algúns nenos e nenas, xa que o comezo da escola é un cambio moi grande para eles. Teñen que acostumarse á rutina e ás normas da escola, así como a convivir cos seus iguais e cos mestres e mestras que lles imparten clase.
Aquí vos deixamos este video para que vexades o que deu de sí este tempo de adaptación: coñecerse, falar, pintar, xogar, bailar, aprender a ir en fila, a sentarse correctamente na cadeira da aula, a compartir o material, e moitas cousas máis pero a principal: vir contentos ao colexio!.

lunes, 26 de septiembre de 2011

PROMOCIÓN DEPORTIVA

Iniciamos o curso coa visita de técnicos e xogadores dos clubes de baloncesto e de balonmán de Tui. Clubs moi cercanos que nos ofrecen a posibilidade de adiestrar a modalidade deportiva tanto no centro, como actividade extraescolar, coma no clube. Animáronnos a practicalos, xa que ademais de facernos sentir mellor físicamente, ofrécenos a oportunidade de relacionarnos cos demais, e tamén a posibilidade de superarnos día a día; ata poder chegar a ser campións como o equipo cadete de baloncesto de Tui actual campión galego que tamén estivo presente na sesión de presentación e xogos.


viernes, 16 de septiembre de 2011

viernes, 2 de septiembre de 2011

BENVIDOS



Benvidos ó novo curso escolar que dará comenzo o vindeiro martes 13 de setembro de 9 a 14h, lembrade que o día 12 é festivo no Concello de Tomiño. Non vos esquezades de traer as ganas e o entusiasmo por aprender; esperamos que este sea un gran ano para todos e todas.

miércoles, 17 de agosto de 2011

UN ÚLTIMO ADEUS...

A piques de empezar un novo ano escolar, queremos deixar este video-resumo das moitas actividades realizadas no ceip de Sobrada durante o curso pasado 2010-11 e despedirnos, unha vez máis, do marabilloso alumnado de 6º, que comeza en setembro unha nova andaina no instituto. Moitísima sorte aos que se van e benvida ao novo alumnado que chega!

miércoles, 13 de julio de 2011

A GUIDE-BOOK TO LONDON



Non sabedes onde ir este verán? Ollade este traballo realizado polo alumnado de 4º na clase de inglés.
Esta guía de viaxe formou parte do proxecto das viaxes levado a cabo por este ciclo e pode darvos algunha idea...


viernes, 1 de julio de 2011

ALUMN@S vs PROFES


PARTIDO DE FÚTBOL por ceipsobrada
Na derradeira semana de curso xogouse un partidiño de fútbol entre o alumnado de sexto e o profesorado. O ambiente foi moi bo e pasámolo en grande, así que o de menos foi o resultado. Parabéns para o alumnado que foron os xustos vencedores.

jueves, 30 de junio de 2011

MEDIOS DE TRANSPORTE

Historia da evolución dos medios de transporte desde a aparición do ser humano na terra ata a actualidade

CAMIÑOS LITERARIOS

Aprendemos dos grandes clásicos, partimos das súas estructuras e temáticas; ilustramos; creamos a partires de estratexias e dinámicas; dun xeito espontáneo...







miércoles, 29 de junio de 2011

FESTA COS DE 6º


SORPRESA DO ALUMNADO DE 6º por ceipsobrada
Esta é unha pequena reportaxe sobre a festa que o alumnado de sexto celebrou o penúltimo día de clase.

lunes, 27 de junio de 2011

XORNAL AXEXO 2011

Velaquí tedes o XORNAL AXEXO que, coma todos os anos, sae á luz por estas datas para dar a coñecer todas as actividades, proxectos, saídas, talleres...que se levaron a cabo no noso centro durante o curso 2010-11.

XOGOS POPULARES 2011

Un ano mais o alumnado de 6º dirixiu a xornada de xogos populares na que participou todo o centro, que coma sempre foi un éxito.

domingo, 26 de junio de 2011

O FESTIVAL EN IMAXES


Aquí tedes un pequeno resumo do que deu de sí o Festival das Letras Galegas deste curso. Noraboa a todo o alumnado e profesorado que nos fixo pasar unha desas mañás inesquecibles.

RAP


A derradeira actuación do festival fíxoa o alumnado do 3º ciclo amosándonos as súas dotes de rapeir@s.

AS DISPARATADAS AVENTURAS DE DON QUIXOTE NESTAS TERRAS


AS DISPARATADAS AVENTURAS DE DON QUIXOTE NESTAS... por ceipsobrada
Obra de teatro do 3º ciclo en onde nos contas as disparatadas aventuras de Don Quixote por estas terras, cheas de coches e semáforos.

THE TIME OF MY LIFE


Alumnado do 3º ciclo representa unha coreografía da canción "The time of my life" versioneada polo grupo The black eyed peas.