martes, 18 de junio de 2019

CHEGOU A HORA, CON TODOS E TODAS VOSTEDES...O FESTIVAL DE FIN DE CURSO!

Ola familias! Xa sabedes que mañá tedes unha cita no AUDITORIO DE GOIÁN ás 10:30 da mañá. Poderedes ver todo o que estivemos a traballar nestas derradeiras semanas.

Vai ser un momento de moitas emocións compartidas entre toda a comunidade educativa!



 

viernes, 7 de junio de 2019

CURTAMETRAXE "TOMIÑO NO MUSEO"



O noso centro foi galardoado o pasado 31 de maio no II certame "O museo de Pontevedra en curtametraxes" co 2º premio na categoría infantil, na que se recoñeceron os mellores traballos presentados por toda a provincia.
O noso alumnado amosou a súa particular visión do patrimonio cultural exposto no Sexto Edificio , no Edificio Sarmiento e nas Ruinas de San Domingos.
A curtametraxe vai narrando, a través dunha conversa entre dúas nenas do colexio, algúns dos grandes artistas tomiñenses ( moitos deles con obra no propio museo).
O produto final está feito integramente polo alumnado de 5º,  empregando as ferramentas dixitais de software libre proporcionadas polos ordenadores do programa abalar, despois dun intenso traballo de búsqueda de información, e concreción do guión final, a realizar polo propio alumnado nos seus grupos cooperativos, realizados no tempo de talleres semanais dos que dispón o centro.
Hai que agradecerlle á fundación Xavier Pousa o emprego de imaxes que cederon para tal produción.
Noraboa rapazas e rapaces de 5º!!!







Para máis información pincha AQUÍ.

sábado, 1 de junio de 2019

O FESTIVAL DE FIN DE CURSO XA ESTÁ CERCA!

Que rápido acontece todo! Xa estamos cerca do fin de curso!

No colexio estamos traballando a toda máquina para celebralo cun bo festival. Decorados, música, guións...Daremos feito?

Anunciámosvos que terá lugar o MÉRCORES DÍA 19 DE XUÑO POLA MAÑÁ NO AUDITORIO DE GOIÁN.

Ide deixando un oco nas vosas axendas para vir a vernos! Será unha chulada!

Imagen relacionadaImaxe bigli migli.