lunes, 29 de febrero de 2016
jueves, 25 de febrero de 2016
FINAIS DE BÁDMINTON
Quince xogadores do Ceip de Sobrada foron os clasificados para xogar a final zonal de bádminton deste cuso que se celebrou en Tomiño, participaron alumnos de colexios de Tomiño e Tui e tamén o recén creado Club Bádminton de Tui. Durante o mes de xaneiro e febreiro celebráronse nos pavillóns da zona as rondas clasificatorias en tódalas categorías, en función dos partidos gañados elaborouse unha clasificación para a final na que tivemos unha boa representación.
Noraboa a tódolos participantes pola deportividade e as gañas de medrar neste deporte e moi especialmente a Nayara Exposito que acadou a 2º posición, medalla de prata e a Bruno Fernández (CBT) que acadou 3º posto, medalla de bronce, e que pasan seguinte fase O Provincial de Pontevedra.
martes, 23 de febrero de 2016
DÍA DA PAZ
Polo día da Paz celebramos un acto solidario na defensa de valores de amizade, non violencia e solidariedade.Todos os nenos e nenas do centro aportaron a súa visión do significado da palabra PAZ con frases, poemas e mesmo un rap.
No mesmo acto fíxose a solta de farolillos voadores cargados cos nosos mellores desexos de PAZ.
viernes, 5 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
Hoxe celebramos o Entroido, cun vistoso desfile, actuacións e degustación de postres típicos destas datas aportados polas familias.
Este ano o tema central das comparsas foi o do Medio Ambiente polo que o centro encheuse de bolboretas, trasnos, carballos....tamén contamos coa presenza dos tradicionais peliqueiros de Laza!.
jueves, 4 de febrero de 2016
miércoles, 3 de febrero de 2016
martes, 2 de febrero de 2016
lunes, 1 de febrero de 2016
sábado, 30 de enero de 2016
CHEGOU O MECO AO COLEXIO!
Un ano máis, chega o ENTROIDO a Sobrada e, con él, o MECO! Estamos encantados coa súa chegada e, cada día da vindeira semana, ordearanos vir ao cole dun xeito determinado ou cun elemento determinado. De momento, para este luns, pídenos que veñamos cunha FLOR NA CABEZA. Non vos esquezades!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










