Quince xogadores do Ceip de Sobrada foron os clasificados para xogar a final zonal de bádminton deste cuso que se celebrou en Tomiño, participaron alumnos de colexios de Tomiño e Tui e tamén o recén creado Club Bádminton de Tui. Durante o mes de xaneiro e febreiro celebráronse nos pavillóns da zona as rondas clasificatorias en tódalas categorías, en función dos partidos gañados elaborouse unha clasificación para a final na que tivemos unha boa representación.
Noraboa a tódolos participantes pola deportividade e as gañas de medrar neste deporte e moi especialmente a Nayara Exposito que acadou a 2º posición, medalla de prata e a Bruno Fernández (CBT) que acadou 3º posto, medalla de bronce, e que pasan seguinte fase O Provincial de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario