martes, 2 de febrero de 2016

ORDE DO MARTES

Estes foron algúns dos colares cos que nos adornamos hoxe.


lunes, 1 de febrero de 2016

ORDE DO MECO PARA O MARTES, 2 DE FEBREIRO


SI Ó MECO
QUERES VER BAILAR
NO TEU PESCOZO
UN COLAR HAS DE COLGAR

PRIMEIRA ORDE DO MECO

                                                                                                                                                      
Así lucían flores os nenos e nenas de Sobrada está mañá ó entrar ó Colexio.








sábado, 30 de enero de 2016

CHEGOU O MECO AO COLEXIO!

Un ano máis, chega o ENTROIDO a Sobrada e, con él, o MECO! Estamos encantados coa súa chegada e, cada día da vindeira semana, ordearanos vir ao cole dun xeito determinado ou cun elemento determinado. De momento, para este luns, pídenos que veñamos cunha FLOR NA CABEZA. Non vos esquezades!!!


viernes, 18 de diciembre de 2015

VISITA PAPÁ NÖEL

Hoxe recibimos unha visita moi especial, a de Papá Nöel, antes de repartir os agasallos parou no  cole a recoller as  nosas cartas cargadas de moitos desexos e ilusión.
MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS

jueves, 17 de diciembre de 2015

EXPOSICIÓN DE INVERNO



Xa podedes visitar a exposición de inverno 2015, que neste curso ten como temática o respeto e coidado do Medio Ambiente. Contamos para a súa creación, coa aportación das familias no deseño das creativas figuras e ambientes.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN


lunes, 14 de diciembre de 2015

POSTAIS 2015

Estas foron as postais gañadoras deste curso.

NORABOA A TODOS E TODAS!!!!



GARA. E.INFANTIL 5 ANOS.

BRAIS. 1º CURSO E.PRIMARIA

ANA.  4º CURSO E. PRIMARIA

UXÍA. 6º CURSO E.PRIMARIA

lunes, 7 de diciembre de 2015

HALLOWEEN POSTERS

O alumnado de 1º amósannos os seus posters que elaboraron sobre a festividade de Halloween, en Galicia chamada Samahín.
Familiarizáronse co vocabulario moi rapidamente.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Saída a Vigo

O alumnado de 1º e 2º de educación Primaria fixemos unha saída a Vigo, o luns 30 de novembro. Asistimos a obra de teatro “Lío en la granja” no auditorio Afundación, e visitamos a exposición de arte “Tradición, cambio e innovación” da fundación Abanca. Alí participamos no obradoiro “Historias de un pincel que no sabía pintar.
Pasámolo moi ben!!! 




CAMPO A TRAVÉS DE TUI

Aqui vos deixamos algúns vídeos publicados por AGRUDEBAM sobre a xornada de campo a través que se desenvolveu na Macoca- Tui. Disfrutadeos!!!

FOTOS





lunes, 23 de noviembre de 2015

Campo a través na Macoca

Pazos de Reis foi o lugar escollido nesta tempada para o inicio da campaña de deporte escolar  co sempre tan agardado campo a través que consegue reunir  a unha gran cantidade de colexios e asociacións deportivas da zona do Baixo Miño e de Vigo.
O  gran ambiente deportivo presente, permitíu o disfrute dos nenos/as e do público. Esta actividade supón unha oportunidade máis para acceder ó deporte e descubrilo, lembrarvos que este foi o inicio na zona des destacados atletas, as  internacionais Leticia Fernández e Uxía Pérez e os nosos exalumnos medallistas en campionatos de España e de Galicia;  Roi Rodríguez, Iria Rodríguez e Eva Cid.
 Noraboa a tódolos  nenos e nenas do centro, que correron xenial, e moi especialmente ó equipo alevín masculino composto por Iker, Jorge, Fabián, Adrián e Hossuam que co  esforzo conxunto acadarón o terceiro posto por equipos do podio, noraboa a Uxía Rodríguez (atl. Porriño) 3ª alevín feminina que parece que segue os pasos dos seus irmáns.

sábado, 31 de octubre de 2015

THE ORIGINS OF HALLOWEEN



O alumnado de 5º cóntannos algo sobre as orixes de Halloween e a súa celebración nos Estados Unidos.

miércoles, 2 de septiembre de 2015

CALENDARIO ESCOLAR 2015-2016


Facer clic enriba del para unha mellor visión.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Publicado o pasado martes 1 de setembro a ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, E.S.O., e E.E., en centros sostidos con fondos públicos para o curso 15/16.

Destinada a alumnado de Educación Primaria, E.S.O. e E.E.
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€
Prazo de solicitude 2-9-2015 ata 1-10-2015
Contía da axuda 50€
Recollida e entrega de impresos no centro

miércoles, 1 de julio de 2015

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Os días 1 e 2 de xullo celébrase en Vigo o III Simposio nacional de Aprendizaxe Cooperativa, no cal participa profesorado do noso colexio coma asistentes e coma comunicadores das experiencias que levan a cabo. Organiza a Universidade de Vic coa colaboración do Centro de Formación e Recursos do profesorado de Vigo.
Podedes seguir as novas en twitter: #IIIsimposioCAAC